Xerra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xerras

Unha xerra[1][2]é unha vasilla de barro, cristal ou outro material co pescozo e boca anchos e unha ou máis asas. Diferéncianse das canecas en que, xeralmente, as xerras son de maior tamaño e posúen bico.

Usos[editar | editar a fonte]

Hainas de diferentes materiais e de elegantes figuras e constitúen tamén un adorno arquitectócnico. As xerras empréganse xa para conservar auga, xa para pór nelas toda sorte de líquidos como viño, aceite etc.

As xerras utilízanse para servir a auga e o viño na mesa. As fabricadas en cristal teñen a virtude de conservar o líquido fresco na neveira antes de sacalo para beber.

Xerra humorística

Algunhas xerras ofrecen funcionalidades adicionais. Tal é o caso das xerras purificadoras que incorporan un filtro na súa tapa de modo que ao verter a auga ten que pasar obrigatoriamente a través do mesmo.

As xerras de cerámica convertéronse ademais nun obxecto promocional a través do seu deseño gráfico polo que están presentes na maioría das tendas de merchandising. É habitual atopar tamén xerras con lendas humorísticas, alusivas ou picantes polo que se converten a miúdo en obxecto de agasallo.

Xerras de cervexa[editar | editar a fonte]

Xerras de cervexa

Un modelo clásico e popular en moitos países constitúeno as xerras de cervexa. As xerras tradicionais están fabricadas en cerámica con variados motivos, constan dunha só asa e teñen volumes variables chegando tipicamente até un litro. A orixinalidade dos seus deseños converteunas en obxecto de coleccionista.

A xerra toby constitúe un caso particular entre as xerras de cervexa. Reepresenta a un home sentado que suxeita unha xerra nunha man e unha pipa na outra e vai vestido con indumentaria do século XVIII: un abrigo longo e un tricornio. O tricornio forma unha canle para verter a cervexa, xeralmente cunha tapa móbil.

A xerra toby orixinal foi desenvolvida e popularizada polos ceramistas de Staffordshire na década de 1760. Ralph Wood é o primeiro candidato. Pénsase que houbo un desenvolvemento similar nas xerras de Delft que se produciron nesta cidade dos Países Baixos. Outros deseños similares fabricáronse por outros ceramistas ao longo de Inglaterra e finalmente noutros países.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xerra.
  2. Pódese empregar tamén a forma xarra, así e todo o DRAG considéraa unha forma menos recomendable. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xarra.