Perturbador endócrino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unha comparación das estruturas da hormóna estróxena natural estradiol (esquerda) e un dos noiyl-fenois (dereita), un xenoestróxeno perturbador endócrino.

Os perturbadores endócrinos (disruptores endócrinos, interruptores endócrinos), ás veces chamados axentes hormonalmente activos,[1] ou compostos perturbadores endócrinos (EDC, endocrine disrupting compounds -ou endocrine disrupting chemicals-),[2][3] son compostos químicos que poden interferir cos sistemas endócrinos (ou hormonais). Estas perturbacións poden causar tumores cancerosos, defectos conxénitos e outros trastornos do desenvolvemento.[4] Os perturbadores endócrinos, que se encontran en moitas produtos industriais e domésticos "interfiren coa síntese, secreción, transporte, unión, acción ou eliminación de hormonas naturais no corpo que son responsables do desenvolvemento, comportamento, fertilidade e mantemento da homeostase."[5]

Calquera sistema do corpo controlado por hormonas pode ser alterado por perturbadores endócrinos. Concretamente, os perturbadores endócrinos poden ser asociados co desenvolvemento de incapacidades de aprendizaxe, graves trastornos de déficit de atención, cognitivos e problemas de desenvolvemento cerebral.[6][7][8][9]

Houbo moita controversia nalgúns países sobre os perturbadores endócrinos, na que algúns grupos clamaban por unha rápida acción para que se retirasen eses produtos do mercado, e reguladores e outros científicos que pedían que se fixesen maiores estudos.[10] Algúns perturbadores endócrinos foron identificados e retirados do mercado (por exemplo, un fármaco chamado dietilstilbestrol), pero non está claro se algúns perturbadores endócrinos que están no mercado causan realmente algún dano aos seres humanos e á vida silvestre ás baixas doses ás que humanos e animais están expostos. Adicionalmente, un artigo científico clave, publicado en 1996 na revista Science, que axudou a lanzar o movemento dos que se opoñían aos disruptores endócrinos, foi retractado polo seu autor, o cal foi reprendido por ter unha conduta científica pouco ética.[11]

Os estudos feitos en células e animais de laboratorio demostraron que os compostos perturbadores endócrinos poden causar efectos adversos en procesos biolóxicos en animais e as exposicións a baixos niveis poden causar efectos similares en seres humanos.[12] Os compostos disruptores endócrinos no medio ambiente poden tamén relacionarse con problemas reprodutivos e de infertilidade na vida silvestre e certas prohibicións e restricións sobre o seu uso foron asociadas coa posterior redución de problemas de saúde e a recuperación dalgunhas poboacións de anmais silvestres.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Krimsky S (decembro de 2001). "An epistemological inquiry into the endocrine disruptor thesis". Ann. N. Y. Acad. Sci. 948 (1): 130–42. Bibcode:2001NYASA.948..130K. PMID 11795392. doi:10.1111/j.1749-6632.2001.tb03994.x. 
  2. Diamanti-Kandarakis E, Bourguignon JP, Giudice LC, Hauser R, Prins GS, Soto AM, Zoeller RT, Gore AC (xuño de 2009). "Endocrine-disrupting chemicals: an Endocrine Society scientific statement" (PDF). Endocr. Rev. 30 (4): 293–342. PMC 2726844. PMID 19502515. doi:10.1210/er.2009-0002. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2009-09-29. Consultado o 2009-09-26. 
  3. "Endocrine Disrupting Compounds". National Institutes of Health · U.S. Department of Health and Human Services. Arquivado dende o orixinal o 2009-09-24. 
  4. Staff (2013-06-05). "Endocrine Disruptors". NIEHS. 
  5. Crisp TM, Clegg ED, Cooper RL, Wood WP, Anderson DG, Baetcke KP, Hoffmann JL, Morrow MS, Rodier DJ, Schaeffer JE, Touart LW, Zeeman MG, Patel YM (1998). "Environmental endocrine disruption: An effects assessment and analysis". Environ. Health Perspect. 106. (Suppl 1): 11–56. JSTOR 3433911. PMC 1533291. PMID 9539004. doi:10.2307/3433911. 
  6. Eskenazi B, Chevrier J, Rauch SA, Kogut K, Harley KG, Johnson C, et al. (febreiro de 2013). "In utero and childhood polybrominated diphenyl ether (PBDE) exposures and neurodevelopment in the CHAMACOS study". Environmental Health Perspectives 121 (2): 257–62. PMC 3569691. PMID 23154064. doi:10.1289/ehp.1205597. 
  7. Jurewicz J, Hanke W (xuño de 2011). "Exposure to phthalates: reproductive outcome and children health. A review of epidemiological studies". International Journal of Occupational Medicine and Environmental Health 24 (2): 115–41. PMID 21594692. doi:10.2478/s13382-011-0022-2. 
  8. Bornehag CG, Engdahl E, Unenge Hallerbäck M, Wikström S, Lindh C, Rüegg J, et al. (maio de 2021). "Prenatal exposure to bisphenols and cognitive function in children at 7 years of age in the Swedish SELMA study". Environment International 150: 106433. PMID 33637302. doi:10.1016/j.envint.2021.106433. 
  9. Repouskou A, Papadopoulou AK, Panagiotidou E, Trichas P, Lindh C, Bergman Å, et al. (xuño de 2020). "Long term transcriptional and behavioral effects in mice developmentally exposed to a mixture of endocrine disruptors associated with delayed human neurodevelopment". Scientific Reports 10 (1): 9367. Bibcode:2020NatSR..10.9367R. PMC 7283331. PMID 32518293. doi:10.1038/s41598-020-66379-x. 
  10. Lupu D, Andersson P, Bornehag CG, Demeneix B, Fritsche E, Gennings C, et al. (xuño de 2020). "The ENDpoiNTs Project: Novel Testing Strategies for Endocrine Disruptors Linked to Developmental Neurotoxicity". International Journal of Molecular Sciences 21 (11): 3978. PMC 7312023. PMID 32492937. doi:10.3390/ijms21113978. 
  11. "Findings of scientific misconduct". NIH Guide for Grants and Contracts: NOT–OD–02–003. outubro de 2001. PMC 4259627. PMID 12449946. 
  12. "Executive Summary" (PDF). Global assessment of the state-of-the-science of endocrine disruptors. International Programme on Chemical Safety, World Health Organization. 2002. Consultado o 2007-02-28. Un disruptor endócrino é unha substancia exóxena ou mestura que altera función(s) do sistema endócrino e consecuentemente causa efectos adversos para a saúde nun organismo intacto, ou á súa proxenie, ou (sub)poboacións.