Birr etíope

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Birr etíope
ብር en amhárico
Código:ETB
Ámbito:Etiopía Etiopía
Símbolo:Br
Fracción:100 santim
Moedas:1, 5, 10, 25, 50 S., 1 birr
Billetes:1, 5, 10, 50, 100 ETB
Emisor:Banco Nacional de Etiopía[1]
Taxa de troco:
1 de febreiro de 2021
1 USD = 40 ETB
(Taxa oficial)
1 USD = 50.50 ETB (Mercado paralelo)
Troco actual

O birr (en amhárico ብር , que significa prata) é a divisa oficial de Etiopía. Subdivídese en céntimos (santims). Foi adoptado en 1945, aínda que era coñecido como "dólar etíope", aínda que o nome de birr xa era empregado de antes, desde 1903 (1 birr = 16 ghersh), e en 1931 a moeda foi decimalizada (1 birr = 100 metonnyas, tamén chamado matonas), mais actualmente a fracción centesimal é chamada santim.

En 1976 pasa a ser coñecida internacionalmente co seu nome oficial. O código ISO 4217 para esta divisa é ETB. Foi tamén moeda corrente de Eritrea até que foi substituído polo nakfa.

Billetes[editar | editar a fonte]

Billete de 100 Birr, de 1932

Os billetes son emitidos nos seguintes valores:

  • 1 Birr
  • 5 Birr
  • 10 Birr
  • 50 Birr
  • 100 Birr

Moedas[editar | editar a fonte]

Estas son as características principais das moedas que se atopan en circulación:

Denominación Emisión Metal Forma Diámetro Bordo Anverso Reverso
Anel Centro
1 Santim
Desde 1977
Aluminio
Circular
17 mm
Liso
Cabeza de León
Labrego arando cunha parella de bois - Valor facial
5 Santims
Desde 1977
Latón
Circular
20 mm
Liso
Cabeza de León
Soldado avanzando - Valor facial
10 Santims
Desde 1977
Latón
Circular
23 mm
Liso
Cabeza de León
"Tragelaphus buxtoni" - Valor facial
25 Santims
Desde 1977
Cupro-Níquel
Circular
21 mm
Estriado
Cabeza de León
Obreira e Obreiro triunfantes - Valor facial
50 Santims
Desde 1977
Cupro-Níquel
Circular
25 mm
Estriado
Cabeza de León
Cinco cidadáns pletóricos - Valor facial
1 Birr
Desde 2010
Aceiro inox. Latón
Circular
27 mm
Alterno
Cabeza de León
Balanza da xustiza - Valor facial

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]