Inlandsis da Antártida
A cuberta de xeo ou inlandsis antártico é parte dun dos dous casquetes polares (ou calotas polares) da Terra. Cobre preto do 98 % do continente antártico e é a masa singular de xeo máis grande da Terra, con arredor de 14 millóns de km² e contén 30 millóns de km³ de xeo.[2] Supón máis do 90% do volume total de xeo glaciar da Terra, en comparación co 8% que representa o inlandsis de Groenlandia, no hemisferio norte.[3] A súa antigüidade é de 33.6 millóns de anos.
Este manto de xeo da Antártida acada grosores superiores ós 4 km, situándose o leito de rocha nalgúns puntos a uns 2 km baixo o nivel do mar. En moitos puntos da costa antártica o manto de xeo continúase con grandes masas de xeo parcialmente flotante unidas a terra chamadas plataformas de xeo, a maior das cales é a plataforma de xeo de Ross, cunha superficie aproximada de 500.000 km² e uns 70 m de altitude media. Ditas plataformas representan fraccións do inlandsis empurradas ao mar. O manto de xeo antártico móvese cara ao exterior a unha taxa estimada de entre 25 e 50 metros por ano, podendo acadar os 1000 metros ao ano ou máis no caso das plataformas de xeo das costas.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ NASA. "Dos décadas de cambios de temperatura en Antártica". Earth Observatory Newsroom. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2008. Consultado o 19 de marzo de 2018. Imagen NASA de Robert Simmon, sobre la base de datos de Joey Comiso, GSFC.
- ↑ Esos 30 millons de km³ equivalen a un cubo de 310.72 km de lado, o a 70 metros de altura de agua en todos los océanos del planeta.
- ↑ 3,0 3,1 Strahler, Arthur N. (1992). "18". Geología física (en castelán). Barcelona: Omega. pp. 474–6. ISBN 84-282-0770-4.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Inlandsis da Antártida |