Biosensor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Interruptor de Canle de Ións - Canle aberta.
Interruptor de Canle de Ións - Canle pechada.

Un biosensor é un dispositivo para a análise, que emprega un compoñente biolóxico para a detección dun analito. Un exemplo de biosensor primitivo é o canario que empregaban os mineiros de carbón. Na actualidade, empréganse biosensores como por exemplo un eléctrodo medidor da concentración de glucosa en sangue.

Partes dun biosensor[editar | editar a fonte]

Adoita constar das seguintes partes:

  • O elemento biolóxico sensitivo, material biolóxico máis ou menos complexo, dende un anticorpo ata tecidos, que interactúa dalgún xeito co analito.
  • O elemento transductor ou detector, o cal detecta a interacción entre o elemento sensitivo e o analito e o traduce a outro tipo de sinal que se poida interpretar de xeito máis sinxelo. Pódense empregar métodos químicos ou físicos, como electrónica, óptica, sistemas piezoeléctricos etc.
  • O elemento procesador do sinal, o cal é xeralmente un sistema electrónico que mide o sinal transducido que recibe e o troca en datos sobre o analito, como pode ser a concentración do mesmo.

Aplicacións[editar | editar a fonte]

Existen moitas aplicacións potenciais para os biosensores. Algúns exemplos de usos actuais son: