Bindi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Muller hindú levando un bindi.

Un bindi (en hindi: बिंदी, do sánscrito bindu, que quere dicir "punto, pinga ou partícula pequena") é un punto vermello que se leva na fronte, xeralmente entre os hindús e as mulleres xainistas. A palabra bindu procede do himno da creación coñecido como Nasadiya Sukta no Rigveda.[1] Bindu é considerado o punto no que comeza a creación e pode converterse en unidade. Tamén é descrito como "o símbolo sagrado do cosmos no seu estado non manifestado".[2][3] Un bindi é un punto de cor vermella aplicada no centro da fronte preto das cellas que é común no subcontinente indio (particularmente entre os hindús da India, Paquistán, Bangladesh, o Nepal e Sri Lanka)[2] e o sueste asiático en Bali e nos xavaneses hindús así como os musulmanes ilocanos de Filipinas. No hinduísmo, no budismo e o xainismo está asociado co chakra ajna[4] e é coñecido como o terceiro ollo do chakra. O Bindu tamén é punto arredor do cal se crean os mandalas, representando o universo.[3][5] O bindi ten unha gran presenza histórica e cultura na rexión de Grande India.[6][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "nasadiya-suktha-and-purusha-suktha". 
  2. 2,0 2,1 Khanna 1979: p. 171
  3. 3,0 3,1 Swami Ranganathananda (1991). Human Being in Depth: A Scientific Approach to Religion. SUNY Press. p. 21. ISBN 0791406792. 
  4. Mercier (2007). p. 267.
  5. Shakya, pp. 82–83
  6. Southeast Asia: A Historical Encyclopedia, from Angkor Wat to East Timor, by Keat Gin Ooi p. 642
  7. Hindu-Buddhist Architecture in Southeast Asia by Daigorō Chihara p. 226

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]