Bertsolari

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mattin Treku, (1916-1981) improvisando versos en Sara en 1960.

Bertsolari (plural bertsolariak do éuscaro versificador) son os que se dedican a compoñer, cantar e/ou improvisar versos en éuscaro (bertsoak). Os bertsolariak improvisan no momento os seus versos segundo unhas regras de rima e métrica específicas.

O bertsolari como o suxeito activo da poesía oral[editar | editar a fonte]

O bertsolari é considerado "suxeito activo da poesía oral", aínda que outros autores como Bernardo Atxaga exprésano doutro xeito:

"Aínda que prefiro esta definición, a do bertsolari como falante especial, non podo deixar de lado outras que o equiparan co poeta popular ou co autor da literatura oral; un autor quen dunha elaboración artística na que -ó ser a estrofa unha improvisación- a invención, a disposición dos elementos e a expresión realízanse simultaneamente."[1]

Tarefa do bertsolari[editar | editar a fonte]

O poeta e estudoso da bertsolaritza Juan Mari Lekuona, sobriño de Manuel Lekuona, describiu a tarefa do poeta, do seguinte xeito:

Nun prazo escaso de segundos o bertsolari intuíu e ordenou materiais da súa composición, elaborou o seu borrador mental; pero -e aquí reside unha das particularidades máis singulares e raras deste proceso inventivo, formativo e expresivo- el concibirá a súa estrofa comezando non polo seu principio senón pola súa terminación final, polo derradeiro verso, subindo logo do comezo ó medio. Diríamos en éuscaro que monta a súa estrofa "atzekoz aurrera" (de atrás adiante), cumpríndose exactamente o axioma filosófico escolástico de que o fin é o primeiro na intención aínda cando sexa o último en execución.

Historia[editar | editar a fonte]

Manuel Lekuona, no congreso de Eusko Ikaskuntza en Bergara en 1930, co seu coñecido discurso, levou a orixe da bertsolaritza até o neolítico, sendo os primeiro bertsolaris os pastores euskalduns do neolítico, unha tradición de improvisación que se mantería na Chaira Arabesa ata o final do século XIX. Aínda que a maioría das contribucións dos Lekuona, tío e sobriño, teñen preservado a súa validez ata hoxe, algúns entenden que a referencia á orixe do neolítico na bertsolaritza é unha esaxeración con ningunha base documentados.

Bertsolaris[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Extraído do Alfabeto sobre la cultura vasca. Bernardo Atxaga. Egin. La Navarra

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]