Igrexa de San Bartolomeu Apóstolo (Caná)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de San Bartolomeu Apóstolo (Caná)
PaísIsrael
Coordenadas32°44′51″N 35°20′18″L / 32.7475, 35.3383Coordenadas: 32°44′51″N 35°20′18″L / 32.7475, 35.3383
editar datos en Wikidata ]

A Igrexa de San Bartolomeu Apóstolo[1] (en hebreo: כנסיית בית ברתולומאוס השליח; en latín: Ecclesia Sancti Bartholomei Apostoli) é unha igrexa católica administrada pola orde Franciscana en Caná[2] no actual Israel, construída en honra ao lugar onde a tradición indica que estivo algunha vez o apóstolo San Bartolomeu.[3] A igrexa foi fundada en 1885.[4]

Bartolomeu é un dos apóstolos que segundo a Biblia estaban presentes no milagre dos peixes: "Despois disto, novamente se apareceu Xesús aos seus discípulos na beira do lago Tiberíades. E fíxose presente como segue. Estaban reunidos Simón Pedro, Tomás o Xemelgo, Natanael de Caná de Galilea, os fillos do Zebedeo e outros dous discípulos." (Xoán 21, 1-2)

Fronte á igrexa hai catro pilastras e unha xanela redonda enriba da porta do templo. No centro hai unha inscrición en latín: "DOM S NATHANAELIS BARTHOLOMAEI APOSTOLI" (que quere dicir: o apóstolo Natanael Bartolomeu). O altar álzase sobre unha plataforma elevada, e en fronte, dous pares de columnas de pequeno porte teñen capiteis corintios, ademais un baixorrelevo representa a reunión de Natanael e Filipe o Apóstolo. Adxunto hai un cemiterio pequeno.

Galería[editar | editar a fonte]

Vista interna.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Kafr Kana". goisrael.com. Arquivado dende o orixinal o 2016-10-14. Consultado o 2016-10-14. 
  2. "Cana". See The Holy Land (en inglés). 2010-03-11. Consultado o 2016-10-14. 
  3. "Cana-galilee". www.land-of-the-bible.com. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2018. Consultado o 2016-10-14. 
  4. "Cana". www.custodia.org. Consultado o 2016-10-14. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]