Berislav Grgić

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Berislav Grgić
Biskop Berislav.jpg
Bispo da Igrexa católica latina
Biografía
Nacemento15 de febreiro de 1960 en Kotor Varoš, Bosnia e Hercegovina, Iugoslavia
Ordes
Ordenación sacerdotal29 de xuño de 1986, por Franjo Komarica
Consagración episcopal28 de marzo de 2009, por Bernt Ivar Eidsvig
Prelado de Tromsø
2008 - actualidade
PredecesorGerhard Goebel
Outros
Coat of arms of Berislav Grgić.svg
Escudo de Berislav Grgić
Astare coram te
Ficha en catholic-hierarchy.org

Berislav Grgić, nado o 15 de febreiro de 1960 en Kotor Varoš (Bosnia e Hercegovina, Iugoslavia) é un bispo católico latino croata, dende 2008 prelado de Tromsø. Grgić fuxiu de Bosnia e Herzegovina durante a guerra, chegando a Noruega como refuxiado.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Grgić naceu nunha familia de croatas de Bosnia en Kotor Varoš, entón parte de Iguoslavia e hoxe na República Serbia (Bosnia e Hercegovina). Foi ordenado sacerdote polo bispo Franjo Komarica en Banja Luka o 29 de xuño de 1986. Comezou a súa carreira na diocese de Banja Luka, exerceu como capelán en Stara Rijeka até 1987 e logo como vigairo en Glamoč até 1988. Posteriormente estudou na Pontificia Universidade Gregoriana de Roma até 1991.

No momento do estoupido das guerras iugoslavas en 1991, Grgić era profesor no seminario de Zadar, na República Socialista de Croacia. Traballou para a Cáritas de Banja Luka dende Zagreb durante a guerra de Bosnia entre 1992 e abril de 1995. En agosto do mesmo ano foi expulsado polas autoridades serbias que controlaban Banja Luka, converténdose en refuxiado de guerra. Pasou a Croacia, e dende alí a Noruega en xaneiro de 1996. A Conferencia Episcopal Croata, coa aprobación da Conferencia Episcopal de Bosnia e Hercegovina, encargoulle a atención pastoral dos 1.200 refuxiados croatas da diocese de Oslo. Logo de ter aprendido noregués, lle foi confiada a atención pastoral de todos os inmigrantes da diocese.

Anos en Noruega[editar | editar a fonte]

Grgić traballou na escola de Santa Sunniva a partir de 2000, e como capelán da catedral de Santo Olaf de Oslo a partir de 2001 antes de marchar por un tempo á arquidiocese de Múnic e Frisinga en 2007. O 18 de decembro de 2008 foi nomeado prelado Tromsø, e consagrado bispo por Bernt Ivar Eidsvig o 28 de marzo de 2009.