Benito Casasnovas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Benito Casasnovas
Nacemento1886
 Ribadavia
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Benito Casasnovas Rodríguez, nado en Ribadavia en 1886, foi un político socialista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Emigrado en América, retornou nos anos dez do século XX. Foi presidente da Sociedade Agraria de Ribadavia (1916) e da Federación de Sociedades Agrarias do Partido de Ribadavia en 1920.[1] Trasladado a Ponteareas, fundou a Agrupación Socialista de Ponteareas da que foi elixido o seu primeiro presidente en 1924 e asistiu ao XVI congreso de UGT de 1928 como delegado de dous sindicatos de Ponteareas. Durante a República foi elixido concelleiro polo PSOE e despois nomeado deputado provincial. Dirixiu o voceiro socialista Renovación. Foi elixido alcalde de Ponteareas o 11 de maio de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e agochouse en casas de amigos, despois pasou á casa dun irmán en Ribadavia, logo a Santiago de Ribarteme na casa dun crego coñecido da familia onde pasou un ano escondido. No entanto foi xulgado en Vigo por rebelión e declarado en rebeldía. Logo, amparado polos edictos do gobernador que chamou a presentarse aos fuxidos sen delitos de sangue, regresou a Ponteareas, e pasou unha tempada en Vigo. Finalmente saíu do país por Salvaterra de Miño e pasou a Portugal, onde permaneceu un ano, embarcando finalmente para Nova York en 1940, grazas a axuda da JARE que abonou o importe da pasaxe, de onde marchou a México arribando a Nuevo Laredo o 17 de xullo de 1941.


Predecesor:
Emilio Garra Castellanzuelo
 Coat of Arms of Ponteareas.svg
Alcalde de Ponteareas
 
1936
Sucesor:
Mauricio Troncoso Penedo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 8-9-1920, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]