Renovación (Ponteareas)
Renovación | |
---|---|
Localidade | Ponteareas |
[ editar datos en Wikidata ] |
Renovación foi un periódico editado en Ponteareas entre 1931 e 1936.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Órgano da Casa del Pueblo de Ponteareas, apareceu en maio de 1931. De tendencia socialista, estivo dirixido por Ramón Rodríguez e Benito Casasnovas, concelleiro do PSOE e deputado provincial. Contou con colaboracións de militantes da bisbarra do Tea, como José Antonio Fernández Vega, Javier Estévez Viana, Carmen Parada e Germán Veiga; de Vigo, como Enrique Heraclio Botana e de Galicia, como Regina García García. Recolleu información sobre o partido, a UGT e a FNTT. Durante os dous primeiros anos da República mantivo unha política de colaboración coa actuación gobernamental. Despois da vitoria dos radicais e cedistas en novembro de 1933, a súa liña articulouse sobre de tres puntos: necesidade de manter as conquistas do primeiro bienio, oposición ao Goberno e xustificación da revolución. Deixou de editarse en outubro de 1934 por suspensión gobernativa e volveu aparecer en xuño de 1935. A partir desta data radicalizou o seu contido, ao reclamar un achegamento ao PCE e a fusión de todas as organizacións proletarias, políticas e sindicais. En xuño de 1936 apoiou o Estatuto de Galicia. Cesou a súa publicación en xullo de 1936.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Renovación". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Pérez Pais, Carmen (2005). "Renovación". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.