Benigno López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Benigno López González»)
Benigno López
O ex Valedor Benigno López (esquerda) e o seu substituto provisional, José Julio Fernández Rodríguez.
Nacemento22 de febreiro de 1952
Lugar de nacementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónxuíz
editar datos en Wikidata ]

Benigno López González, nado na Coruña o 22 de febreiro de 1952, é un xuíz galego, que foi designado polo parlamento como Valedor do Pobo o 17 de xullo de 2007.

Carreira profesional[editar | editar a fonte]

Estudou o bacharelato na Coruña e licenciouse en Dereito en 1974 pola Universidade de Santiago. Aprobou as oposicións a xuíz en 1979 e foi ocupando distintas prazas nos xulgados de Corcubión (1980), Carballo (1981), Bilbao (1983, xa como maxistrado), Ourense (1983) e A Coruña (1986). O 31 de outubro de 1988 incorporouse como maxistrado á sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña, cargo onde permaneceu ata decembro de 1995, cando foi nomeado xuíz da sección primeira da sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e presidente da mesma o 7 de decembro de 2004.

O 17 de xullo de 2007 é escollido por consenso no Parlamento como novo Valedor do Pobo, e tomou posesión o 22 de xullo.

O 15 de maio de 2012, poucos meses antes de que expirase o seu mandato, converteuse no primeiro Valedor do Pobo que presentaba a dimisión. A renuncia viu provocada por unha polémica xurdida unhas semanas antes. No Parlamento de Galicia, López mostrárase comprensivo cos recortes na Lei de Dependencia, e mesmo defendera a súa suspensión mentres non pasase a crise. Estas declaracións motivaron mesmo a renuncia dunha das vicevaledoras, ademais dunha forte contestación política.


Predecesor:
Xosé Ramón Vázquez Sandes
 Valedor do Pobo 
2007 - 2012
Sucesor:
José Julio Fernández Rodríguez

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Está casado e ten dous fillos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]