Ben Davidson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ben Davidson
No. 72, 75, 83
Posición:Defensive end
Información persoal
Nacemento:14 de xuño de 1940
Lugar:California Os Ánxeles, California
Falecemento:2 de xullo de 2012 (72 anos)
Lugar:California San Diego, California
Altura:6 ft 8 in (2,03 m)
Peso:275 lb (125 kg)
Información da carreira
Instituto:Woodrow Wilson
Universidade:Washington
NFL Draft:1961 / Rolda: 4 / Pick: 46
Historial de equipos
Green Bay Packers (1961)
Washington Redskins (1962–1963)
Oakland Raiders (1964–1971)
Portland Storm (1974) WFL
Premios e galardóns
  • 1× Campión da NFL (1961)
  • 1× Campión da AFL (1967)
  • 3× All-Star da AFL (1966, 1967, 1968)
Estatísticas NFL
Estatísticas en NFL.com

Benjamin Earl Franklin "Ben" Davidson, Jr., nado nos Ánxeles o 14 de xuño de 1940, e finado en San Diego o 2 de xullo de 2012, foi un xogador de fútbol americano e actor estadounidense.[1][2]

Careira[editar | editar a fonte]

Fútbol americano[editar | editar a fonte]

Na adolescencia e estudando no "Woodrow Wilson High School", nos Ánxeles, foi xogador de baloncesto do equipo da escola. Cando frecuentaba a facultade comunitaria de "East Los Angeles College", a finais da década de 1950, foi convidado polo técnico a entrar no equipo de fútbol americano da facultade, pois posuía ub porte elevado, ideal para un xogador de defensa. Ben realizou excelentes xogos na facultade, e en 1959 recibiu unha bolsa de estudos para xogar na Universidade de Washington, en Seattle, baixo as ordes do adestrador Jim Owens.[1][2]

Na cuarta rolda da NFL Draft de 1961, Ben foi escollido polos New York Giants que rapidamente o negociou para o Green Bay Packers. Cos Green Bay, fixo a súa estrea na NFL na tempada de 1961. Nas tempadas de 1962 e 1963, xogou cos Washington Redskins.

Entre 1964 e 1971, Ben Davidson xogou na AFL cos Oakland Raiders. A súa inestabilidade como defensor nos Oakland Raiders a finais da tempada de 1970 e durante case toda a tempada de 1971, fixo que o club non anovase o seu contrato. Deste xeito, Ben quedou dúas tempadas sem xogar nun club profesional.

En 1974, asinou contrato cos Portland Thunder para xogar na World Football League (liga que existiu por dous anos, en 1974 e 1975). A finais da tempada de 1974, sufriu unha grave lesión no xeonllo que lle impediu seguir a súa carreira deportiva.

Cinema[editar | editar a fonte]

En 1970, Ben foi convidado a facer unha pequena participación no filme MASH, e no período en que quedou sen xogar nun club de fútbol (entre 1972 e 1973), foi convidado a participar no filme Behind the Green Door (considerado un clásico do cinema pornográfico). Após abandonar a carreira de xogador, pasou a traballar en series de televisión e filmes de Hollywood. As súas principais actuacións foron en The Black Six (filme de 1974 no papel de Thor), CHiPs (serie na que apareceu nun episodio no ano de 1978), Charlie's Angels (nun episodio do ano de 1978), Fantasy Island (nun episodio no ano 1979), Conan o bárbaro (filme de 1982 no papel de Rexor), Cracking Up (filme de 1983), Necessary Roughness (filme de 1991), entre outras producións. O seu derradeiro traballo como actor, foi na serie "Renegade" (de 1992 a 1997), no papel do "Sheriff Warren" na tempada de 1994.[1][2]

Morte[editar | editar a fonte]

Ben Davidson faleceu en 2012, ós 72 anos, por mor dun cancro de próstata.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 AP (3 de xuño de 2012). "Ben Davidson, Defensive End for Renegade Raiders, Dies at 72". The New York Times (USA). Consultado o 25 de agosto de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Dillman (3 de xuño de 2012). "Ben Davidson dies at 72; Oakland Raider, fixture in beer commercials". The Los Angeles Times (USA). Consultado o 25 de agosto de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]