Ben Chilwell
Ben Chilwell | |||
---|---|---|---|
![]() Chilwell co Chelsea en 2020. | |||
Información persoal | |||
Nome | Benjamin James Chilwell | ||
Nacemento | 21 de decembro de 1996 (26 anos) | ||
Lugar de nacemento | Milton Keynes | ||
Nacionalidade | Inglaterra | ||
Altura | 1,78 m. | ||
Posición | Lateral esquerdo | ||
Información de club | |||
Club actual | Chelsea | ||
Número | 21 | ||
Carreira xuvenil | |||
–2009 | Rushden & Diamonds | ||
2009–2015 | Leicester City | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2015–2020 | Leicester City | 99 | (4) |
2015–2016 | → Huddersfield Town (cedido) | 8 | (0) |
2020– | Chelsea | 0 | (0) |
Selección nacional | |||
2014 | Inglaterra sub-18 | 3 | (0) |
2014–2015 | Inglaterra sub-19 | 6 | (0) |
2015 | Inglaterra sub-20 | 2 | (1) |
2016–2018 | Inglaterra sub-21 | 10 | (0) |
2018– | Inglaterra | 11 | (0) |
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 26 de agosto de 2020. Selección: actualizado a 3 de abril de 2020.[ editar datos en Wikidata ] | |||
Benjamin James Chilwell, nado o 21 de decembro de 1996 en Milton Keynes, é un futbolista inglés. Xogar de lateral esquerdo e o seu actual club é o Chelsea FC da Premier League inglesa. Ademais, é internacional coa selección inglesa.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Chilwell uniuse ó Leicester City en 2009 con 12 anos, procedente do Rushden & Diamonds. Fixo o seu debut coma profesional o 27 de outubro de 2015 nun partido da Football League Cup contra Hull City.[1]
O 19 de novembro de 2015, Chilwell foi cedido ó Huddersfield Town do Football League Championship ata o 3 de xaneiro de 2016.[2] O 28 de xullo de 2016, Chilwell renovou o seu contrato co Leicester ata xuño de 2021.[3] O 20 de outubro de 2018, asinou un novo contrato co Leicester ata xuño de 2024.[4]
O 26 de agosto de 2020, Chilwell fichou polo Chelsea FC por unha cantidade estimada de 45 millóns de libras, e asinou un contrato por cinco anos.[5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Hull City vs. Leicester City – 27 de outubro de 2015". Soccerway. Consultado o 27 de outubro de 2015.
- ↑ Thomson, Doug (19 de novembro de 2015). "Huddersfield Town complete loan signing of Leicester City left-back Ben Chilwell". Huddersfield Daily Examiner.
- ↑ "Ben Chilwell: Highly Rated Youngster Signs Long-Term Leicester City Contract". Leicester City F.C. Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2016. Consultado o 28 de xullo de 2016.
- ↑ "Ben Chilwell signs new Leicester City contract". Leicester City F.C. 20 de outubro de 2018. Consultado o 2 de setembro de 2020.
- ↑ "Chilwell transfer to Chelsea confirmed". Chelsea F.C. 26 de agosto de 2020. Consultado o 26 de agosto de 2020.