Michael Behe
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de xaneiro de 1952 (72 anos) Altoona, Estados Unidos de América |
Educación | Universidade de Pensilvania Universidade Drexel (pt) Bishop McDevitt High School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Bioquímica e Deseño intelixente |
Ocupación | bioquímico, escritor, profesor universitario, químico |
Empregador | Queens College Universidade Lehigh (pt) |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Michael J. Behe, nado en Altoona (Pensilvania) o 18 de xaneiro de 1952, é un bioquímico estadounidense, defensor do deseño intelixente. Profesor de bioquímica na universidade Universidade Lehigh en Pensilvania, é un senior fellow do Center for Science and Culture do Discovery Institute. Defende a idea de que existen algunhas estruturas demasiado complexas no nivel bioquímico que non se poden explicar como o resultado dos mecanismos da evolución.
Foi quen desenvolveu o concepto de "complexidade irredutíbel" (Irreducible Complexity) como un "un sistema individual composto de varias partes ben coordinadas que interaccionan para desempeñar a función básica deste, de modo que se se eliminara calquera desas partes o sistema deixaría de funcionar por completo" [1].
O postulado de Behe sobre a complexidade irredutíbel de estruturas celulares claves tivo unha forte oposición na comunidade científica. O testemuño de Behe no caso Kitzmiller (Kitzmiller v. Dover Area School District) é citado extensamento polo xuíz[2][3][4][5] na súa decisión de que o deseño intelixente non é ciencia, senón esencialmente relixión na súa natureza.[6] O Departamento de Ciencias Biolóxicas da Universidade Lehigh publicou unha declaración coa súa posición oficial na que sinala[7]:
A nosa posición colectiva é que o deseño intelixente non ten a súa base na ciencia, non foi comprobado experimentalmente, e non debe ser considerado como científico.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Behe criouse en Harrisburg, Pensilvania, onde asistiu á St. Margaret Mary's Parochial School e graduouse na Bishop McDevitt High School[8][9]. Estudou na Drexel University, titulándose en 1974 en Ciencia con mención en química (Bachelor of Science). Obtivo o PhD en bioquímica na Universidade de Pensilvania en 1978. Entre 1978 e 1982 fixo estudos de post-doutoramento na estrutura do ADN no National Institutes of Health. Entre 1982 e 1985 foi profesor asistente en química en Queens College en Nova York, onde coñeceu á súa esposa, Celeste. En 1985 mudouse a Lehigh University, onde actualmente é catedrático de bioquímica.
Inicialmente o profesor Behe aceptaba os conceptos da teoría xeral da evolución, pero despois da lectura do libro de Michael Denton, Evolución, unha teoría en crise, pasou a cuestionar a teoría darwinista. Máis tarde, Behe chegou a crer que había evidencias, no nivel molecular, de que os sistemas biolóxicos son "irredutibelmente complexos". Estes sistemas non poderían evolucionar pola selección natural, e si proxectados por un "deseñador intelixente", que o levaron a entender que a única explicación posíbel e alternativa á teoría xeral da evolución para a existencia de tales estruturas era a actuación dun proxectista con propósitos racionais e finalísticos.
A partir da publicación do seu libro A caixa negra de Darwin gañou fama entre os partidarios da teoría do deseño intelixente, xa que a obra daba voz pública a estudosos creacionistas que poñían dúbidas aos fundamentos da teoría de Charles Darwin, especialmente contra o éxito entre o público leigo alcanzado pola obra de Darwin.
No obstante a contundencia das manifestacións da comunidade científica, maioritariamente ao lado da teoría darwinista, o bioquímico mantívose firme, sempre tratando de dar carácter científico ao tema (non trata en termos académicos sobre a identidade do proxectista intelixente e non descarta o concepto do antepasado común). Para demostrar a súa firme convicción sobre o asunto publicou recentemente a edición que conmemora os dez anos da súa tese: Darwin's Black Box, 10th Anniversary Edition.
Neste libro Behe afirma que "unha década despois da publicación de A caixa negra de Darwin, o argumento creacionista a favor do deseño intelixente é máis forte que nunca. A pesar da oposición dos científicos, entre os creacionistas o argumento do libro a favor do deseño permanece". Chega mesmo a dicir que "as perspectivas futuras de éxito do deseño son excelentes, porque se apoian non en preferencias de calquera persoa ou de calquera grupo, senón en datos. O ascenso da hipótese do deseño intelixente non se debe a nada que eu ou calquera outro individuo escribira ou dixera, senón ao grande avance da ciencia en entender a vida".
Obra
[editar | editar a fonte]Artigos en revistas
[editar | editar a fonte]- Estrutura do ADN
- Behe MJ, Felsenfeld G, Szu SC, Charney E (1985). "Temperature-dependent conformational transitions in poly(dG-dC) and poly(dG-m5dC)". Biopolymers 24 (2): 289–300. PMID 3978220. doi:10.1002/bip.360240202.
- Behe MJ (1986). "Vacuum UV CD of the low-salt Z-forms of poly(rG-dC).poly(rG-dC), and poly(dG-m5dC).poly(dG-m5dC)". Biopolymers 25 (3): 519–23. PMID 3754471. doi:10.1002/bip.360250310.
- Behe MJ (1987). "The DNA sequence of the human beta-globin region is strongly biased in favor of long strings of contiguous purine or pyrimidine residues". Biochemistry 26 (24): 7870–5. PMID 3427110. doi:10.1021/bi00398a050.
- Behe MJ, Beasty AM (1991). "Co-polymer tracts in eukaryotic, prokaryotic, and organellar DNA". DNA Seq. 1 (5): 291–302. PMID 1799681.
- Behe MJ (1995). "An overabundance of long oligopurine tracts occurs in the genome of simple and complex eukaryotes". Nucleic Acids Res. 23 (4): 689–95. PMC 306739. PMID 7899090. doi:10.1093/nar/23.4.689.
- Behe MJ (1998). "Tracts of adenosine and cytidine residues in the genomes of prokaryotes and eukaryotes". DNA Seq. 8 (6): 375–83. PMID 10728822.
- Estrutura das proteínas
- Behe MJ, Englander SW (1978). "Sickle hemoglobin gelation. Reaction order and critical nucleus size". Biophys. J. 23 (1): 129–45. PMC 1473549. PMID 667302. doi:10.1016/S0006-3495(78)85438-1.
- Behe MJ, Englander SW (1979). "Mixed gelation theory. Kinetics, equilibrium and gel incorporation in sickle hemoglobin mixtures". J. Mol. Biol. 133 (1): 137–60. PMID 93643. doi:10.1016/0022-2836(79)90254-7.
- Behe MJ, Englander WS (1979). "Quantitative assessment of the noncovalent inhibition of sickle hemoglobin gelation by phenyl derivatives and other known agents". Biochemistry 18 (19): 4196–201. PMID 486417. doi:10.1021/bi00586a025.
- Behe MJ, Lattman EE, Rose GD (1991). "The protein-folding problem: the native fold determines packing, but does packing determine the native fold?". Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. 88 (10): 4195–9. PMC 51625. PMID 2034665. doi:10.1073/pnas.88.10.4195.
- Evolución
- Behe MJ (1990). "Histone deletion mutants challenge the molecular clock hypothesis". Trends Biochem. Sci. 15 (10): 374–6. PMID 2251727. doi:10.1016/0968-0004(90)90231-Y.
- Behe MJ, Snoke DW (2004). "Simulating evolution by gene duplication of protein features that require multiple amino acid residues". Protein Sci. 13 (10): 2651–64. PMC 2286568. PMID 15340163. doi:10.1110/ps.04802904.
Libros
[editar | editar a fonte]- Darwin's Black Box. Free Press, 1996. ISBN 0-684-83493-6. Ver Copia escaneada (non inclúe todas as páxinas) en Google books
- Science and Evidence for Design in the Universe (Proceedings of the Wethersfield Institute), 25 de setembro de 1999. ISBN 0-89870-809-5
- The Edge of Evolution. Free Press, xuño de 2007. ISBN 0-7432-9620-6
Vídeos
[editar | editar a fonte]- Flock of Dodos. New Video, (2007) ISBN 0-7670-9819-6
- Intelligent Design: From the Big Bang to Irreducible Complexity
- Irreducible Complexity: The Biochemical Challenge to Darwinian Theory
- Unlocking the Mystery of Life 2002
- Where Does the Evidence Lead? 2004
- Michael Behe on Colbert Report 2007
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Behe, Michael J. (2000). La caja negra de Darwin: el reto de la bioquímica a la evolución. Editorial Andrés Bello.
- ↑ s:Kitzmiller v. Dover Area School District/2:Context#Page 28 of 139
- ↑ s:Kitzmiller v. Dover Area School District/4:Whether ID Is Science#Page 68 of 139
- ↑ s:Kitzmiller v. Dover Area School District/4:Whether ID Is Science#Page 70 of 139
- ↑ s:Kitzmiller v. Dover Area School District/4:Whether ID Is Science#Page 79 of 139
- ↑ s:Kitzmiller v. Dover Area School District/6:Curriculum, Conclusion
- ↑ Department Position on Evolution and "Intelligent Design" Arquivado 13 de outubro de 2005 en Wayback Machine., Lehigh Department of Biological Sciences
- ↑ Scientific Orthodoxies Arquivado 01 de novembro de 2006 en Wayback Machine.; Godspy Magazine, 2004. Acceso: 15-01-2007 (en inglés).
- ↑ Ficha en Soylent Communications; Acceso: 15-01-2007 (en inglés)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía en la Universidad Lehigh (en inglés)
- Blog de Behe en Amazon (en inglés)
- Sociedad Internacional sobre Información de la Complejidad y el Diseño International Society for Complexity Information and Design (en inglés)
- Michael Behe's Home Page (en inglés)
- Entrevista co Dr. Michael Behe (en inglés)