A área de Altoona estaba habitada por iroqueses, os primeiros europeos chegaron a mediados do século XVIII.
Fundada en 1849 pola Pennsylvania Railroad como complexo para a construción de material ferroviario.
A demanda de locomotoras durante a guerra civil estadounidense estimulou moito o seu crecemento, considerada polo xeneral confederado Robert Lee como obxectivo polo exército de Virxinia do Norte cando a mediados de 1863 entrou en Pensilvania, antes de ser rexeitado na Batalla de Gettysburg.