Behbud Mustafayev

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBehbud Mustafayev
Nome orixinal(ru) Мустафаев, Бехбуд Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de marzo de 1982 Editar o valor em Wikidata (42 anos)
Bakú Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeUnión Soviética
Acerbaixán Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico Editar o valor em Wikidata

Behbud Mustafayev, nado o 13 de marzo de 1982 en Bakú (RSS de Acerbaixán) é o primeiro[1][2] sacerdote católico de etnia azarí do que se ten constancia na historia da Igrexa católica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu o 13 de marzo de 1982 en Bakú nunha familia musulmá.[3][1] Graduouse da Academia Nacional de Aviación de Acerbaixán e posteriormente traballou nas Aduanas do seu país.[1] En 2008 converteuse ao catolicismo, e foi bautizado na igrexa da Inmaculada Concepción de Bakú, tomando o nome de «David».[1][2] En 2011 ingresou no seminario María Raíña dos Apóstolos de San Petersburgo.[1][4] O 29 de maio de 2016 foi ordenado diácono na catedral da Asunción de San Petersburgo, polo arcebispo da Nai de Deus en Moscova Paolo Pezzi, para servir na prefectura apostólica de Acerbaixán.[3][4] O 7 de maio de 2017 foi ordenado sacerdote polo papa Francisco na basílica de San Pedro.[3][2][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Azərbaycanlı gömrük işçisi keşiş olacaq" (en azarí). 30 de abril de 2017. Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2021. Consultado o 3/11/2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Svätý Otec vysvätil novokňaza z Baku". Saleziáni dona Bosca na Slovensku [Salesianos de don Bosco en Eslovaquia] (www.saleziani.sk) (en eslovaco). 10 de maio de 2017. Consultado o 3/11/2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Krajcarz, Julia (2018). "Catholic minority in modern Azerbaijan". Studia Orientalne (2 (14)): 77. ISSN 2299-1999. The regenerated Catholic community in Baku could boast the first vocation of priest. Behbud Mustafayev, Azerbaijani born in Baku, was ordained a deacon on May 29, 2017 [sic] and later a priest on 7 May 2017 by Pope Francis in Rome. 
  4. 4,0 4,1 "Рукоположение во диаконы". Католическая высшая духовная семинария «Мария — Царица Апостолов» [Seminario teolóxico superior católico «María - Raíña dos Apóstolos»] (www.cathseminary.ru) (en ruso). 29 de maio de 2016. Consultado o 3/11/2020. 
  5. "Papa ordina 10 preti, 6 per diocesi Roma". ANSA.it (en italiano). 3 de maio de 2017. Consultado o 3/11/2020.