Batalla do río Órbigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Batalla do Órbigo»)

Coordenadas: 41°59′24″N 5°42′24″O / 41.9899, -5.70655

Batalla do río Órbigo
Data 456
Lugar río Órbigo
Resultado Vitoria visigoda
Belixerantes
reino suevo de Galicia reino visigodo de Tolosa
Líderes
Requiario Teodorico II

A batalla de Órbigo foi un conflito bélico que tivo lugar na Gallaecia no ano 456 entre os exércitos do rei suevo Requiario e unha coalición de tropas imperiais romanas e visigodas, que tiña como obxectivo acabar co reino que os suevos mantiñan na Gallaecia. Con todo, e a pesar da vitoria da coalición, estes non lograron destruír o reino, e a independencia dos reis suevos manteríase durante máis de 120 anos. Debe o seu nome ao río Órbigo, que foi onde tivo o enfrontamento, preto de Astorga.

No mesmo lugar houbo posteriormente outras batallas. No ano 900 combateron as tropas do rei Afonso III o Magno (866-910), e as do emir Abd Allah I de Córdoba (888-912). No século XIII construíuse a ponte do río Órbigo, e preto dela está o Hospital de Órbigo.

Historia e consecuencias[editar | editar a fonte]

Os suevos xa se converteran ao catolicismo. Por mor das súas campañas expansionistas e tendo enfronte ao Imperio romano (nese momento xa moi debilitado polas derrotas sufridas), o emperador romano Avito, temendo unha represalia, pediu axuda ao visigodo Teodorico II. Trala vitoria da coalición,[1] Teodorico II dirixiuse cara a Bracara Augusta (Braga), onde derrotou novamente aos suevos, saqueou a cidade e deu morte Requiario (entón rei da Gallaecia), poñendo como gobernador ao aristócrata hérulo Aguiúlfo.

Ante estes feitos, gran parte dos suevos non recoñeceron a autoridade de Aguiúlfo decidindo proclamar un novo rei de nome Frantán. Fragmentouse politicamente o reino en dúas faccións, os dous reis gobernaron a Gallaecia a un mesmo tempo: Frantán e Aguiúlfo. No ano 457, Maldras reunificou o reino, pero dous anos despois foi asasinado logo dunha conspiración. O reino foi dividido de novo, nesta ocasión entre Frumario e Remismundo (fillo de Maldras), que no 463 pasou a reinar en solitario. Trala morte de Remismundo no 469, o reino caeu nun período escuro caracterizado pola case total ausencia de fontes documentais até a chegada ao trono de Carriarico cara ao ano 550.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Thompson (1980), p. 163

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]