Batalla das fronteiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Batalla das fronteiras
Conflito: primeira guerra mundial
Data: Do 7 ao 23 de agosto de 1914
Lugar: Lorena, rexión das Ardenas e sur de Bélxica
Resultado: Vitoria xermana.
Combatentes
Imperio Británico
Francia
Bélxica
Imperio Alemán
Comandantes
Sir John French
Joseph Joffre
Helmuth von Moltke
Forzas
Francia: 1 250 000 homes
Reino Unido: 70 000 homes
1 300 000 homes
Baixas
Francia: 260 000 baixas
Reino Unido: 4 200 baixas
165 000
Batalla das fronteiras (7-23 de agosto de 1914) Batalla de MulhouseBatalla de HaelenBatalla de LorenaBatalla das ArdenasBatalla de CharleroiBatalla de Mons

Denomínase batalla das fronteiras a unha serie de enfrontamentos entre as tropas alemás e as franco-británicas ao longo das fronteiras franco-belga e franco-alemán entre o 7 e o 23 de agosto de 1914 ao inicio da primeira guerra mundial. Foi o enfrontamento directo entre as dúas estratexias deseñadas por ambos bandos antes da guerra: o plan Schlieffen alemán e o plan XVII francés. Participaron ademais as tropas pertencentes ao corpo expedicionario británico.

Preludio[editar | editar a fonte]

O obxectivo do plan XVII francés era capturar as rexións de Alsacia e Lorena, perdidas ambas na guerra franco-prusiana de 1878. Posteriormente, o exército galo avanzaría cara ao interior de Alemaña a través das Ardenas. O plan Schlieffen alemán pretendía atacar Francia atravesando Bélxica con tres corpos de exército: A, B e C. Deste xeito, segundo o alto mando xermano, as forzas principais francesas quedarían atrapadas e os alemáns ocuparían París. Despois da vitoria en Francia, o exército alemán viraría cara ao leste para atacar o Imperio Ruso. Non obstante, os planos alemáns supuñan que Gran Bretaña sería neutral na confrontación. De todos os xeitos, se intervisen na guerra, Alemaña cría que a súa infantaría sería esnaquizada polas tropas alemás.

Alsacia e Lorena[editar | editar a fonte]

Cabalería pesada francesa en agosto de 1914

O 7 de agosto de 1914, as tropas francesas atacaron e tentaron invadir ambas rexións. O VII Corpo Francés atacou con dúas divisións de infantaría e unha de cabalaría. Os primeiros obxectivos eran as cidades de Mulhouse e Colmar. Mulhouse foi ocupada sen resistencia ninguna e foi celebrado pola opinión pública gala. Non obstante, o 9 de agosto, os alemáns contratacaron, forzando a retirada progresiva dos franceses. Joffre enviou unha división de reforzo, pero chegou tarde e non puido despregarse en Mulhouse. Joffe enviou outras catro divisións, que formarían o Exército de Alsacia ao mando do Xeneral Paul Pau.

Máis ao sur, o 14 de agosto iniciouse a Batalla de Lorena cando o I Exército francés de Dubail cara ao Sarre mentres o II Exército avanzaba cara Morhange. Cando afondaron, atopáronse co VI e VII Exércitos alemáns, a cargo de Rupprecht de Bavaria. Os exércitos xermanos contaban coa superioridade técnica das metralladoras, que causaron danos moi graves ao II Exército galo, que aínda levaba o vello uniforme do século XIX. Os danos provocaron a retirada cara a Francia. Deste xeito, o I Exército deixaba un flanco descuberto e tamén se retiraba. Os alemáns contraatacaron o 20 de agosto e todas as tropas francesas tiveron que abandonar Alemaña, incluíndo o Exército de Alsacia, que recapturara Mulhouse. Cara ao 22 de agosto, os franceses volverían ás posicións de antes da guerra.

Ofensiva das Ardenas[editar | editar a fonte]

O avance alemán a través de Bélxica foi máis rápido do agardado e o Xeneral Charles Lanrezac pediu permiso para despregar o V Exército francés no bosque das Ardenas. Joffre permitiulle enviar ao I Corpo a Dinant. Os alemáns atacaron o 15 de agosto Dinant e Joffre permitiu o desprazamento de máis efectivos do V Exército cara estas posicións. Ao mesmo tempo, os alemáns estaban a contraatacar en Lorena e parte das forzas francesas marcharon cara a fronteira co Imperio Alemán.

A batalla das Ardenas comezou o 21 de agosto cun dobre ataque francés. O III Exército atacou Briey e o IV Exército avanzou cara Neufchâteau. O IV e V Exércitos alemáns avanzaron cara ás mesmas posicións e colisionaron con franceses, establecendo numerosos combates corpo a corpo.

A superioridade táctica e técnica alemá permitiulles saír vitoriosos do enfrontamento. O exércitos galos tiveron que repregarse desordeadamente cara Sedán, Stenay e Verdún.

Charleroi e Mons[editar | editar a fonte]

Mapa das batallas de Charleroi e Mons, 21-24 agosto.

Para o 20 de agosto, o V Exército francés concentrouse ao longo de 40 quilómetros, co centro en Charleroi e estendéndose cara ao leste ata a fortaleza belga de Namur. Á esquerda, despregáronse reforzos do Corpo Expedicionario británico. As forzas francesas ascendían a 15 Divisións, pero varias tiveron que ser desprazadas a Lorena debido ao contraataque alemán de Rupprecht. Pola súa parte, os alemáns reuniran 38 Divisións procedentes do II Exército a cargo do Xeneral Karl von Bülow e do III Exército no suroeste.

A pesar da inferioridade numérica, Joffre, ordenou a Lanrezac atacar aos alemáns. Porén, Büllow anticipouse e atacaou en varios puntos, creando dúas cabezas de ponte que a artillaría francesa non puido destruír. O 22 de agosto, tres Corpos do exército de Büllow atacaron a todo o V Exército francés, durando a loita ata o día seguinte. Entón, o III Exército alemán cruzou o río Meuse e atacou frontalmente ás forzas de Lanrezac. O Corpo ao mando do Xeneral Franchet d'Esperey resistiu e contraatacou con éxito. A pesar disto, a retirada do IV Exército nas Ardenas e a caída de Namur, forzou a Lanrezac a retirarse.

O 22 de agosto, o Corpo Expedicionario británico avistou a cabalería do I Exército alemán do Xeneral Alexander von Kluck ao suroeste de Bélxica. O comandante en xefe británico Sir John French ordenou un ataque, subestimando o continxente xermano. Os británicos sumaban uns 70 000 homes, mentres que os alemáns eran uns 160 000. Afortunadamente para eles, o ataque foi abortado e o Corpo Expedicionario despregouse na liña Mons-Condé Canal tomando posicións defensivas.

A batalla de Mons comezou o 23 de agosto cando Von Kluck, co exército de Büllow á esquerda. Von Kluck atacou frontalmente e sufriu grandes perdas contra unhas tropas do Imperio Británico veteranas.

Consecuencias[editar | editar a fonte]

O plan XVII francés resultou un fracaso xa que as tropas galas non puideron afondar en territorio alemán no inicio, nin puideron expulsar ás tropas imperiais xermanas de Francia e Bélxica. Ademais das perdas territoriais, os exércitos galos perderon un elevado número de homes e material. Non obstante, os alemáns tampouco puideron penetrar tan rápido como pretendía o plan Schlieffen e tamén perderon un considerable número de combatentes e armas. Ademais, o avance ruso no leste foi moito máis veloz do agardado.

Os franceses retiráronse cara ao Marne e comezaron a organizar a defensa de París. O Corpo Expedicionario británico tamén tivo que mudar de posicións e repregouse cara a costa francesa.

Deste xeito, o Imperio Alemán avanzaba cara ao interior de Francia e chegaba a menos de 100 km de París. Por isto, os aliados organizaron un ataque e iniciaron a Primeira Batalla do Marne.