Saltar ao contido

Batalla de Lorena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Batalla de Lorena
Primeira guerra mundial
Batalla das fronteiras Editar o valor en Wikidata
Cabalería francesa pesada parisiense.
Tipobatalla Editar o valor en Wikidata
ResultadoVitoria alemá
Coordenadas48°48′00″N 6°43′00″L / 48.8, 6.7166666666667
Data
Data14 a 25 de agosto de 1914 (fin dos combates a grande escala)
Comezo14 de agosto de 1914 Editar o valor en Wikidata
Remate25 de agosto de 1914 Editar o valor en Wikidata
Participantes
República Francesa Imperio Alemán
Notas
Batalla das fronteiras (14-24 de agosto de 1914)
Batalla de Mulhouse, Batalla de Haelen, Batalla de Lorena, Batalla das Ardenas, Batalla de Charleroi, Batalla de Mons
Wikidata ] C:Commons ]

A batalla de Lorena foi unha batalla da primeira guerra mundial, producida no contexto da batalla das fronteiras entre o 14 e o 25 de agosto de 1914. Desta vez, a vitoria caeu do lado alemán.

Ofensiva francesa

[editar | editar a fonte]

O 14 de agosto de 1914, os franceses iniciaron un ataque sobre Lorena, territorio perdido trala derrota na guerra franco-prusiana. O obxectivo era emprender un dobre ataque: O I Exército francés atacou Sarrebourg mentres o II Exército avanzaba cara Morhange.

O día 17, o XX Corpo galo de Foch ocupaba Château Salins, preto de Morhange, e un día despois os franceses conquistaban Sarrebourg. O avance francés foi exitoso inicialmente, pero os alemáns estaban preparando un contraataque co VI e VII Exércitos Imperiais.

Contraataque alemán

[editar | editar a fonte]

Rupprecht logrou deter o avance francés en Lorena, en parte grazas ao uso de metralladoras e mellor material cós franceses. Non obstante, o xeneral alemán non estaba contento cun rol soamente defensivo e pediulle ao Alto Mando do Imperio Alemán permiso para atacar o exército inimigo.

O día 20, os alemáns atacaron e ocuparon Morhange e Sarrebourg. Trala reocupación destas vilas, emprenderon un ataque no territorio francés, tentando conquistar Nancy. Desta vez, o XX Corpo de Foch resistiu e permitiu a reconquista de Mulhouse. Porén, o ataque xermano desbaratou o Plan XVII.

O día 24 producíronse varios ataques e contraataques, que duraron ata o final de agosto. A partir de setembro, escaváronse trincheiras e a fronte quedou inamovible ata 1918.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]