Barthel Beham
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1502 Núremberg |
| Morte | 1540 Boloña |
| Pintor de cámara Luís X da Baviera (pt) | |
| 1537 – 1538 | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Anabaptismo |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Múnic (1528 (Gregoriano)–1529 (Gregoriano)) Núremberg |
| Ocupación | pintor de cámara (1537–1538), pintor, debuxante, artista gráfico, exlibrista, gravador |
| Xénero artístico | Retrato |
| Movemento | Renacemento alemán |
| Catálogo crítico | Q123574174 |
| Familia | |
| Irmáns | Hans Sebald Beham |
| Descrito pola fonte | Teutsche Academie der Edlen Bau- Bild- und Mahlerey-Künste, (sec:Beham, Barthel, 233) Allgemeine Deutsche Biographie Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Barthel Beham, nado en Nürnberg en 1502 e finado en Boloña en 1540, foi un gravador, miniaturista e pintor alemán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O irmán máis novo de Hans Sebald Beham, naceu nunha familia de artistas de Nürnberg, aprendeu do seu irmán máis vello e de Albrecht Dürer e foi particularmente activo como gravador durante a década de 1520, creando pequenas obras dun magnífico detalle, foi un dos pequenos mestres. Fascinado coa antigüidade realizou moitas obras con Marcantonio Raimondi en Boloña e Roma.
En 1525, xunto co seu irmán e Georg Pencz, foi expulsado de Nürnberg por herexía, perdoado máis tarde non volveu á súa cidade natal e acabou establecéndose en Múnic en 1527 para traballar para os duques de Baviera, Guillerme IV e Lois X, converténdose nun dos principais retratistas da súa época.[1]
Galería
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A. H. Keane, Early Teutonic, Italian and French Masters
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Barthel Beham |