Barreira de coral de Nova Caledonia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lagoas de Nova Caledonia: diversidade de arrecifes e ecosistemas asociados
Lagoons and Reefs of New Caledonia May 10, 2001.jpg
Extremo norte de Grande Terre
Nova Caledonia en Terra
Nova Caledonia
Nova Caledonia
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísFlag of France.svg Francia
LocalizaciónNova Caledonia
TipoNatural
CriteriosVII, IX, X
Inscrición2008 (32º Sesión)
Rexión da UNESCOAsia e o Pacífico
Identificador1115

A Barreira de coral de Nova Caledonia é unha barreira de coral situada en Nova Caledonia no Pacífico Sur, sendo a barreira continua máis longa do mundo e a terceira máis grande despois da Gran Barreira de Coral de Australia e do Barreira de Coral Mesoamericana.

A barreira de coral de Nova Caledonia rodea a Grande Terre, a illa máis grande de Nova Caledonia, así como a Ile des Pins e varias illas máis pequenas, acadando unha lonxitude de 1500 km.. O arrecife encerra unha lagoa de 24.000 km², que ten unha profundidade media de 25 m.. Os arrecifes atópanse ata 30 km. desde a costa, pero esténdense case 200 km. ata os arrecifes de Entrecasteaux no noroeste. Esta extensión noroeste encerra as Illas Belep e outros caios de area. Varios pasos naturais abren ao océano. O paso de Boulari, que leva a Nouméa, a capital e porto principal de Nova Caledonia, está marcado polo Faro de Amédée.

En 2008, a barreira de arrecife e a súa lagoa circundante foron inscritas na UNESCO na Lista do Patrimonio Mundial pola súa extraordinaria beleza, a súa xeografía única como arrecife que rodea por completo a Grande Terre e a súa excepcional diversidade mariña (en particular a súa diversidade de coral).[1]

Ecoloxía[editar | editar a fonte]

Os sistemas de arrecifes de Nova Caledonia considéranse os segundos máis grandes do mundo despois da Gran Barreira de Coral de Australia, a barreira de coral continua máis longa do mundo cunha lonxitude de 1.600 km e a súa lagoa, a máis grande do mundo cunha superficie de 24.000 quilómetros cadrados. Este ecosistema alberga xunto con Fidxi, a concentración de estruturas de arrecifes máis diversa do mundo, 146 tipos baseados nun sistema de clasificación global, e igualan ou incluso superan á Gran Barreira de Coral, moito máis grande, en diversidade de corais e peixes.[1]

O arrecife presenta unha gran diversidade de especies cun alto nivel de endemismo. En total, foron 2328 especies de peixes observadas no arrecife, pertencentes a 248 familias.[2] Ademais, o arrecife alberga a terceira poboación de dugongs (Dugong dugon)' en perigo de extinción na Terra, e é un importante sitio de aniñación de tartarugas mariñas verdes(Chelonia mydas).[1]

Nas lagoas de Nova Caledonia hai moitas outras especies mariñas, incluíndo máis de 2000 especies de moluscos[3] e unha próspera poboación de balea xibardo.[4]

Ameazas ambientais[editar | editar a fonte]

En xeral, pénsase que a maioría dos arrecifes teñen boa saúde. Algúns dos arrecifes do leste foron danados polos efluentes da extracción de níquel en Gran Terre. A Sedimentación procedente da minería, agricultura e pastoreo afectou aos arrecifes preto das desembocaduras dos ríos, o que se viu agravado pola destrución dos bosques de mangleiros, que axudan a reter sedimento. Algúns arrecifes quedaron enterrados baixo varios metros de limo.[5] En 2008, unha avaliación dos arrecifes próximos á costa do noroeste concluíu que moitos estarían mortos nuns anos, e no mellor dos casos décadas, se as tendencias existentes relacionadas coa escorrentía de sedimentos e limo mineiros continúa.[6]

En xaneiro de 2002, o Goberno francés propuxo incluír os arrecifes de Nova Caledonia como Patrimonio da Humanidade da UNESCO. O 7 de xullo de 2008, a UNESCO incluíu o arrecife da barreira de Nova Caledonia na Lista do Patrimonio Mundial baixo o nome "As lagoas de Nova Caledonia: diversidade de arrecifes e ecosistemas asociados".[1]

Existen 13 comités de xestión locais, compostos por operadores turísticos, pescadores, políticos e xefes de tribos locais que traballan coa comunidade para controlar a saúde das lagoas.[7]


Uso humano[editar | editar a fonte]

O mergullo é común, con varios sitios de mergullo na lagoa e arredor do arrecife. Estes inclúen a agulla de Prony, o foso dos tiburóns e a catedral.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

Referencias
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Lagoons of New Caledonia: Reef Diversity and Associated Ecosystems". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2016. Consultado o 18 de decembro de 2016. 
  2. Mallet, Delphine; Vigliola, Laurent; Wantiez, Laurent; Pelletier, Dominique (2016). "Diurnal temporal patterns of the diversity and the abundance of reef fishes in a branching coral patch in New Caledonia". Austral Ecology 41 (7): 733–744. doi:10.1111/aec.12360. 
  3. Bouchet, Philippe; Lozouet, Pierre; Maestrati, Philippe; Heros, Virginie (20 de abril de 2002). "Assessing the magnitude of species richness in tropical marine environments: exceptionally high numbers of molluscs at a New Caledonia site". Biological Journal of the Linnean Society 75 (4): 421–436. doi:10.1046/j.1095-8312.2002.00052.x. 
  4. Garrigue, Claire; Zerbini, Alexandre N.; Geyer, Ygor; Heide-Jorgensen, Mads-Peter; Hanaoka, Wakao; Clapham, Phil (17 de febreiro de 2010). "Movements of satellite-monitored humpback whales from New Caledonia". Journal of Mammalogy 91 (1): 109-115. doi:10.1644/09-MAMM-A-033R.1. 
  5. "New Caledonia Barrier Reef". WWF. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2016e. Consultado o 18 de decembro de 2016. 
  6. Fenner, Douglas; Muir, Paul (2008-02-01). "Reef Corals of the Northwestern Lagoon of Grande-Terre, New Caledonia". A Rapid Marine Biodiversity Assessment of the Coral Reefs of the Northwest Lagoon, between Koumac and Yandé, Province Nord, New Caledonia. p. 18. doi:10.1896/054.053.0102. Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2022. Consultado o 12 de febreiro de 2022. 
  7. "Historic Local community meeting in New Caledonia to strengthen World Heritage conservation". UNESCO. 20 de xullo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2016. Consultado o 18 de decembro de 2016. 
  8. "Scuba Diving". nouvelle caledonie. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2016. Consultado o 18 de decembro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]