Barcelona Teatre Musical
Barcelona Teatre Musical | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | teatro e sala de concertos ![]() | |||
Parte de | Ciutat del Teatre ![]() | |||
Sede | Barcelona Teatre Musical ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Cataluña | |||
Provincia | provincia de Barcelona | |||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | |||
Comarca | Barcelonès | |||
Concello | Barcelona | |||
Distrito | Sants-Montjuïc | |||
Montaña | Montjuïc ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Barcelona Teatre Musical (BTM) é un teatro de Barcelona situado na montaña de Montjuïc que forma parte, nun sentido amplo do termo, da denominada Ciutat del Teatre (Cidade do Teatro) xunto co Teatre del Mercat de les Flors, o Teatre Lliure, o Institut del Teatre e o Teatre Grec. Está situado no Palau Municipal d'Esports de Barcelona, que no ano 2000 abandonou as súas funcións deportivas para converterse nun recinto musical.
O Palau d'Esports, obra de Josep Soteras, construíuse en 1955 para a celebración dos Xogos do Mediterráneo. En 1969 albergou a final da Copa de Europa de baloncesto na que o CSKA Moscova gañou ao Real Madrid por 103-99. En 1973 acolleu a fase final do Campionato de Europa de baloncesto e en 1986 a fase previa e semifinais da Copa do Mundo de Baloncesto. En 1992 foi unha das sedes dos Xogos Olímpicos, acollendo competicións de ximnasia rítmica e voleibol.
Na década de 1990 deixou de acoller eventos deportivos para centrarse nos musicais e teatrais. No ano 2000 someteuse a unha remodelación completa para adecualo ás necesidades do recinto: a organización de espectáculos teatrais e musicais.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Barcelona Teatre Musical ![]() |