Ciutat del Teatre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°22′13″N 2°09′27″L / 41.370325, 2.15754722

A Ciutat del Teatre de Barcelona (Cidade do Teatro de Barcelona en catalán) é un amplo complexo de instalacións para a formación e representación teatral, que se atopa situada ao final da rúa Lleida, xusto na fronteira entre o antigo barrio da França Xica (na parte norte do Poble-sec) e o parque de Montjuïc, na cidade de Barcelona. Comprende o Mercat de les Flors, na praza interior chamada de Margarita Xirgú; o Teatre Lliure, no antigo Palacio da Agricultura construído para a Exposición Internacional de Barcelona de 1929, que acolle unha sala principal (Sala Fabià Puigserver) e unha máis reducida (o Espai Lliure); e, finalmente, o Centre de Documentació i Museu de les Arts Escèniques.

Así mesmo, nun sentido máis amplo pódense considerar tamén incorporados, dado a súa proximidade, o Barcelona Teatre Musical, situado no recinto do antigo Palau d'Esports de Barcelona, e o Teatre Grec, que acolle as representacións teatrais da tempada de verán ao aire libre.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]