Saltar ao contido

Barbas de raposo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cuscuta epithymum

Cuscuta epithymum
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Asteridae
Orde: Solanales
Familia: Convolvulaceae
Tribo: Cuscuteae
Xénero: Cuscuta
Subxénero: Cuscuta
Especie: ''Cuscuta epithymum''

Cuscuta epithymum é unha planta parasita nativa de Europa, pertencente á familia Convolvulaceae, aínda que estaba clasificada anteriormente na antiga familia Cuscutaceae. É un parasito notable do toxo ou das xestas. Ten os nomes populares de barbas de raposo, liño de raposo, etc.[1][2]

Descrición

[editar | editar a fonte]

É unha planta parasita, herbácea, anual, sen follas e que se fixa aos seus hóspedes con pequenas raíces succionantes. Os seus hóspedes principais son a ortiga, o trevo e o lúpulo. Parasita tamén leguminosas, como as mencionadas toxos e xestas, e ericáceas. Ten o talo arroibado moi ramificado con escamas foliares. As flores son pequenas, brancas ou rosadas con corola de cinco lóbulos agrupados en glomérulos. O froito é unha cápsula.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Cuscuta epithymum foi descrita por Carl Linnaeus e publicado en Systemat Vegetabilium. Editio decima quarta 140. 1774.[3]

Sinonimia
  1. E. Niño Ricoi e outros: Catálogo da flora vascular galega, Xunta de Galicia 1995, px. 73. Tamén o recollen como barbas de raposo, liño de raposo ou liño de lebre os distintos lexicógrafos do Dicionario de dicionarios, s. v. raposo e s. v. liño.
  2. Nomes en Real Jardín Botánico
  3. "Cuscuta epithymum". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 29 de decembro de 2013. 
  4. "Cuscuta epithymum". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 30 de decembro de 2009. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]