Barbara Strozzi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Barbara Strozzi
Bernardo Strozzi 001.jpg
Nacemento6 de agosto de 1619
 Venecia
Falecemento11 de novembro de 1677
 Padua
SoterradaBasílica de Santo Antonio de Padua
NacionalidadeRepública de Venecia
Ocupacióncantante, compositora, modelo, actriz de teatro e cantante de ópera
PaiGiulio Strozzi
editar datos en Wikidata ]

Barbara Strozzi, nada en Venecia o 6 de agosto de 1619 e finada en Padua o 11 de novembro de 1677, foi unha cantante e compositora italiana do Barroco.

Obra[editar | editar a fonte]

A meirande parte dos seus traballos foron cantatas para soprano solista e baixo continuo, polo que é posíbel pensar que foron escritas para ser interpretadas por ela mesma.

A súa música está profundamente arraigada na técnica denominada "segunda práctica", cuxo principal exemplo é a obra de Claudio Monteverdi. Con todo, os seus traballos presentan maior énfase na lírica, baseados posibelmente na extensión da súa propia voz. Moitas das letras das súas pezas foron escritas polo seu pai Giulio Strozzi. Barbara Strozzi escribiu arias, cantatas dramáticas, madrigais e duetos. Publicou oito volumes de obras, incluíndo máis cantatas que calquera outro compositor do século XVII.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]