Baixo continuo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O baixo continuo (do it.: basso continuo, en ocasións aparece abreviado b. c.) consiste nunha codificación da harmonía. A súa orixe data do período barroco, que por iso adoita ser denominado época do baixo continuo ou como ben din período do baixo continuo. Ao empregar esta técnica, o compositor crea a voz de baixo pero non especifica o contrapunto ou os acordes do ripieno, que deixa a cargo do ou dos intérpretes. O baixo continuo pode estar cifrado, con cifras anotadas que representan a posición das notas dos acordes correspondentes, para guiar ao executante.

Exemplo tomado dunha obra de Buxtehude. O compositor escribiu soamente a parte solista e a voz de baixo.
Un exemplo de baixo continuo con cifrado.

O baixo continuo é executado por un ou varios instrumentos, tipicamente un instrumento polifónico e armónico (é dicir, capaz de producir acordes ou polifonía) como os instrumentos de teclado (clavicordio, pianoforte, clavecín, órgano) ou outros como a arpa e o laúde, coa voz de baixo simultaneamente a cargo dun instrumento de tesitura grave como o violoncello, fagot, viola dá gamba, contrabaixo e nalgunhas ocasións contrafagot.

Tamén recibe o nome de acompañamento simultáneo.

Historia[editar | editar a fonte]

O baixo continuo tivo a súa orixe en certos métodos postos en práctica no século XVI, cando algunhas composicións corais (como os motetes) eran acompañadas polo órgano a través dunha técnica que consistía en improvisar os acordes que mellor se aviñan á harmonía do conxunto. O seu antecedente foi o basso seguente.

Esta técnica chegou ao seu pleno desenvolvemento nos dous séculos seguintes e é característica do Barroco, onde foi utilizada polos principais compositores como Bach, Händel ou Vivaldi. Nese período alcanzou un grao de madurez excepcional, trasladándose ao dominio da música de cámara e de orquestra. Perdeu importancia coa chegada do clasicismo.

Tratados e fontes históricas[editar | editar a fonte]

Tradición italiana[editar | editar a fonte]

Os tratados provenientes das distintas capitais musicais italianas son unha importante fonte de información. Tamén consideramos fontes alemás que reforzan as prácticas italianas:

  • Penna, Lorenzo,  Li Primi Albori Musicali per li Principianti della Musica Figurata, Dal Terzo appariscono li Fondamenti per suonare L’Organo, ó Clavicembalo sopra la Parte. (Boloña, 1672)[1]
  • Muffat, Georg , Regulae Concentuum Partiturae, A-Wm 1 B7, (1699)[2]
  • Gasparini, Francesco, L'Armonico Pratico al Cimbalo, (Venecia, 1708)[3]
  • Tonelli, Antonio, Realizaciones escritas de las 12 sonatas Op.5 de Arcangelo Corelli.[4]
  • Heinichen, Johann David, Der General-Bass in der Composition, (Dresde, 1728)[5]
  • Geminiani, Francesco, A Treatise of Good Taste in the Art of Musick, (Londres, 1749)[6]
  • Geminiani, Francesco, The Art of Accompaniament, (Londres, 1756-7)[7]

Tradición francesa[editar | editar a fonte]

Os principais textos que estudan a tradición francesa de baixo continuo son os seguintes:

  • Saint-Lambert, Michel de, Nouveau traité de l'accompagnement du Clavecin, de l'Orgue et des autres instruments, (París, 1707)[8]
  • Dandrieu, Jean-François, Principes de l'Acompagnement du Clavecin, (París, 1718)[9]
  • Rameau, Jean-Philippe, Traité de l'harmonie réduite à ses principes naturels, (París, 1722)[10]

Tipos de cifrados básicos[editar | editar a fonte]

  • 5
    3
  • Este cifrado indica que o acorde está en estado fundamental a partir do baixo. En ocasións omítese este cifrado por sobreentenderse.

P. ex.: do en terceira-quinta (así se le o cifrado) corresponde ao acorde do - mi - sol (do maior).

  • 6
  • Indica que o acorde está en primeira inversión, isto quere dicir que a nota do baixo corresponde á mediante (3ª) do acorde.

P, ex.: mi en sexta corresponde ao acorde mi - sol - do ou ben mi - do - sol , ambos son o mesmo acorde: do maior.

  • 6
    4
  • Indica que o acorde está en segunda inverisón, é dicir, que baixo corresponde á dominante do acorde (5ª).

P. ex.: sol en cuarta-sexta corresponde ao acorde de do maior.

  • 7
  • Indica o acorde con sétima en estado fundamental.

P. ex.: do en sétima é do - mi - sol - sib.

  • 6
    5
  • Corresponde ao acorde con sétima en primeiro investimento (3ª no baixo).

P. ex.: mi en quinta-sexta corresponde ao acorde de do maior con sétima.

  • 4
    3
  • É o acorde con sétima en segundo investimento (5ª no baixo).

P. ex. en do maior: sol - sib - do - mi.

  • 2
  • É o acorde con sétima en terceira inversión (sétima no baixo).

No exemplo de do maior, sib estaría no baixo.

Os accidentes refírense á tonalidade sobre a cal a música está escrita. Así, en Do maior, 7 sobre unha nota do significa do-mi-sol-si; mentres que en do-menor, o mesmo 7 sobre unha nota do significa do-mib-sol-sib;

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]