Barbapapa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Bouteilles de sirop Barbapapa
Botellas de almibre Barbapapa

Barbapapa é unha serie de libros infantís, creada o 19 de maio de 1970 pola parella franco-norteamericana, Annette Tison e Talus Taylor. Os Barbapapa son personaxes con forma de pera de diversas cores que teñen a capacidade de mudar de forma á mantenta.

Os libros publicounos en francés L'École des loisirs e despois Éditions du Dragon d'Or[1]. Traducíronse a máis de trinta linguas, e adaptáronse en series animadas de televisión[2].

Orixe[editar | editar a fonte]

Annette Tison e Talus Taylor argallaron os Barbapapa en París, segundo eles contaron, cando estaban no xardín de Luxemburgo, Talus sentiu como un neno pedía a seus país algo que chamaba Baa baa baa baa. Descoñecendo o francés, pediulle a súa dona que llo explicase, e ela díxolle que era unha larpeirada coñecida como barbe à papa (nube de algodón).

Algo máis tarde, nun restaurante, a parella deseñou no mantel un personaxe inspirado na larpeirada: un personaxe rosa con formas arrondeadas.

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Barbapapa
    • Pais
      • Barbapapa, o pai (de cor rosa)
      • Barbamama, a nai (de cor negra)
    • Barbabébés, fillas :
      • Barbalala, gústalle a música (de cor verde)
      • Barbabelle, a máis fermosa (de cor violeta)
      • Barbotine, a intelectual (de cor laranxa con lentes)
    • Barbabébés, fillos :
      • Barbidur, gústalle o deporte (de cor vermella)
      • Barbibul, o científico (de cor azul)
      • Barbidou, amigo natureza e dos animais (de cor amarela)
      • Barbouille, o pintor (de cor negra con pelo longo)
  • Outros personaxes recorrentes:
    • os nenos, Claudine e François
    • a cadela, Lolita
    • o tucano de Barbidou, Toucan

Libros[editar | editar a fonte]

A serie principal abrangue os seguintes libros:

  • Barbapapa (1970)
  • Le voyage de Barbapapa (1971)
  • La maison de Barbapapa (1972)
  • L'arche de Barbapapa (1974)
  • L'école de Barbapapa (1976)
  • Le théâtre de Barbapapa (1978)
  • L'arbre de Barbapapa (1991)
  • Les vacances de Barbapapa (1995)
  • L'hiver de Barbapapa (2004)
  • Barbapapa sur Mars (2005)

A serie Imaginiers abrangue :

  • Barbapapa et les nombres (1996)
  • Barbapapa et les couleurs
  • Barbapapa et les formes
  • Barbapapa et les labyrinthes (1996)
  • Cherchons Lulue avec Barbapapa (2004)
  • Barbapapa et les premiers mots d'anglais (2004)

A serie La petite bibliothèque de Barbapapa:

  • La ferme (1974)
  • Barbapapa baby-sitter (1974)
  • Les puces (1974)
  • La cuisine (1974)
  • Les œufs (1974)
  • Le pique-nique (1974)
  • La coiffure (1974)
  • Les animaux (1974)
  • Le bateau (1974)
  • Le cheval (1974)
  • La mer (1979)
  • Le jardin (1979)
  • La moisson (1979)
  • Les horloges
  • L'orchestre
  • L'atelier
  • La musique
  • Le berger
  • C'est Noël !
  • La lessive
  • La robe

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Les aventures de Barbapapa". Editions Gründ & Livres du Dragon d'Or. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2012. Consultado o 25 de agosto de 2012. .
  2. "Fiche IMDb de la première série animée". Consultado o 25 de agosto de 2012. [Ligazón morta].

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]