Saltar ao contido

Banff, Alberta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Banff, Alberta
 Nome orixinal
    Banff (en)   Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
    Banfite (en)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Epónimo
Características
 Lingua oficial
Implicados
 Xefe do goberno
Corrie DiManno (2021 - )
Karen Sorensen (en) Traducir (2010 - 2021) Editar o valor en Wikidata
Datas
 Fundación / creación
1885 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Localizado na área protexida
 Comparte fronteira con
 Irmandado con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
7.584 (2011)
7.851 (2016) censo
8.305 (2021) censo Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   4,77 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   1.400 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
OpenStreetMap8452792 Editar o valor en Wikidata
VIAF150726763 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01_60w Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata G:Commons C:Commons

Banff é unha localidade canadense da provincia de Alberta, e a vila máis importante do Parque Nacional Banff, nas Montañas Rochosas canadenses.

A súa poboación é de pouco máis de 8 000 habitantes, xa que a urbanización está moi controlada e restrinxida ao tratarse dun espazo que forma parte dun Parque Nacional. Porén, é unha das localidades máis turísticas do Canadá, coñecida pola súa contorna montañosa e as súas fontes termais, e por iso conta cun número significativo de prazas hoteleiras.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A vila está situada moi cerca do monte Buffalo, que recibe o seu nome debido a que a súa forma lembra a silueta dun bisonte de perfil. Na actualidade esta elevación recibe o nome de monte Túnel (Tunnel Mountain) porque se intentou escavar un túnel ao seu través, algo que finalmente non resultou posíbel.

Situada a unha altitude de 1 400 msnm, a vila ocupa unha superficie de 4,77 km2 e, no ano 2021, contaba con 8 305 habitantes,[1] polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 1 741 hab./km2.

Encóntrase na zona das Montañas Rochosas de Alberta, e a súa principal vía de comunicación é a estrada transcanadense. Atópase a 126 km de Calgary, ao oeste e a 58 km do lago Louise, ao leste.

Climograma de Banff
XFMAMXXASOND
 
 
20.4
 
-3
-12
 
 
17.0
 
-0
-11
 
 
20.8
 
5
-7
 
 
33.6
 
10
-2
 
 
62.4
 
15
2
 
 
68.3
 
19
6
 
 
68.0
 
22
7
 
 
61.7
 
22
7
 
 
38.6
 
16
3
 
 
31.9
 
10
-1
 
 
25.9
 
0
-8
 
 
21.4
 
-5
-13
temperaturas en °Ctotais de precipitación en mm
fuente: [2]data=12 de setembro de 2017

Banff ten un clima subártico (na clasificación climática de Köppen, Dfc) que limita cun clima continental húmido de verán suave (Köppen Dfb). As temperaturas invernais varían desde unha mínima media de -13,3 °C até unha máxima media de -0,2 °C. As temperaturas de verán no mes máis cálido son agradábeis, cunha máxima media de 21,6 °C e unha mínima media de 7,3 °C. Rexístranse nevaradas todos os meses do ano. A cantidade media anual de neve é 191 cm.[3]

  1. Government of Canada, Statistics Canada (2017-02-08). "Population and Dwelling Count Highlight Tables, 2016 Census". www12.statcan.gc.ca. Consultado o 2025-04-15.
  2. "Canadian Climate Normals 1981–2010". Environment Canada. Arquivado dende o orixinal o February 27, 2014. Consultado o October 12, 2013.
  3. "Daily Data Report for April 2025 - Climate - Environment and Climate Change Canada". climate.weather.gc.ca. Consultado o 2025-04-15.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]