Banato Sur
| Јужнобанатски округ (sr) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Serbia | ||||
| Provincia autónoma | Voivodina | ||||
| Capital | Pančevo (pt) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 293.730 (2011) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 4.245 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Creación | 29 de xaneiro de 1992 | ||||
| ISO 3166-2 | RS-04 | ||||
| Código NUTS | RS122 | ||||
| Sitio web | juznobanatski.okrug.gov.rs | ||||



O Banato Sur, tamén comñecido como distrito do Banato do Sur ou do Banato meridional (serbio cirílico: Јужнобанатски округ / serbio latino Južnobanatski okrug), é un distrito ao nordeste de Serbia, na provincia autónoma de Voivodina, na rexión do Banato, con capital en Pančevo. A súa poboación (censo de 2011) era de 291.327 habitantes.[1]
Nomes
[editar | editar a fonte]Ademais dos nomes serbios anteditos, o distrito coñécese como Južnobanatski okrug en croata, como Dél-bánsági körzet en húngaro, como Juhobanátsky okres en eslovaco, como Districtul Banatul de Sud en romanés e como Јужнобанатски окрух en ruteno.
Municipios
[editar | editar a fonte]| Nome | Superficie (en km²) |
Poboación 2002 | Poboación 2011 | Estatuto |
|---|---|---|---|---|
| Alibunar | 602 | 22.954 | 19.780 | Municipio |
| Bela Crkva | 353 | 20.367 | 17.285 | Municipio |
| Vršac | 800 | 54.369 | 51.217 | Municipio |
| Kovačica | 419 | 27.890 | 25.259 | Municipio |
| Kovin | 730 | 36.802 | 33.725 | Municipio |
| Opovo | 203 | 11.016 | 10.475 | Municipio |
| Pančevo | 755 | 127.162 | 122.252 | Cidade |
| Plandište | 383 | 13.377 | 11.334 | Municipio |
| Total | 4.245 | 313.937 | 291.327 | |
Distribución da poboación por nacionalidades (2002)
[editar | editar a fonte]No censo de 2002, o distrito tiña 313.937 habitantes,[2] distribuídos da maneira seguinte:
| Nationalidade | Número | % |
| Serbios | 220.641 | 70,28 |
| Romaneses | 21.618 | 6,88 |
| Húngaros | 15.444 | 4,91 |
| Eslovacos | 15.212 | 4,84 |
| Macedonios | 7.636 | 2,43 |
| Romanís | 6.268 | 1,99 |
| Iugoslavos | 5.687 | 1,81 |
| Outros |
Todos os municipaios do distrito tiñan unha maioría de serbios, coa excepción do municipio de Kovačica de poboación mixta, cunha maioría relativa de eslovacos (41 %).
Cultura
[editar | editar a fonte]Pančevo distínguese polas súas numerosas institucións culturais: a Biblioteca Nacional Veljko Vlahović, os arquivos históricos e o Instituto para a Protección dos Monumentos Culturais.
Os monumentos culturais máis notábeis desta rexión son o mosteiro de Vojlovica, construído en 1405, a Igrexa da Asunción, a Igrexa da Transfiguración, construída en 1811, e o Museo Nacional, construído en 1833.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Statistical Office of the Republic of Serbia Arquivado 24 de marzo de 2017 en Wayback Machine. (en inglés) Consultada o 12/1/2012.
- ↑ Office of the Republic of Serbia (en inglés) Consultada o 12/1/2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Banato Sur |
- Sitio oficial do Goiberno Serbio (en varias linguas) Consultada o 12/1/2012.
