Caramuxo
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2016.) |
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Caramuxo | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Caramuxos en Suecia
| |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Littorina littorea (Linnaeus, 1758)[1] | |||||||||||||||
Sinonimia[2] | |||||||||||||||
Lista
|
O caramuxo, caramuxa, caramecha, mincha ou bígaro (Littorina littorea, Linnaeus 1767) é un molusco gasterópodo mariño, de pequeno tamaño, que vive nas zonas rochosas da costa. Pertence á familia dos litorínidos (Littorinidae), da orde dos Sorbeoconcha.
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]Presenta a cuncha cónica, en espiral e ápice en punta, alcanzando tamaños máximos de 2,5 cm de altura. A cor é habitualmente escura (parda a negra), mostrando bandas concéntricas claras e escuras. Na superficie vense numerosas estrías espirais.
A abertura da cuncha é ovoide e o opérculo, de natureza córnea, pecha esa abertura durante a baixamar.
O caramuxo ten dous tentáculos longos e os ollos na base deles. O pé é forte.
Hábitat e bioloxía
[editar | editar a fonte]Vive sobre as pedras e algas da franxa intermareal, distribuíndose no Atlántico e Mediterráneo.
Aliméntase, como as lapas, das algas que colonizan as pedras.
Aproveitamento pesqueiro e comercial
[editar | editar a fonte]É un molusco comestible e bastante apreciado.
Existen outras especies semellantes, algunhas comestibles e outras non.
O caramuxo en Galicia
[editar | editar a fonte]Outros nomes populares deste molusco son os de cornecho (común a outros gasterópodos de cuncha en espiral), cuco, meiga; en Malpica chámano mexacán [3].
Segundo Eladio Rodríguez dunha muller pequena de corpo dise que é unha mincha.
Sarmiento contaba o seguinte:
Los mariscos caramujos se venden en Pontevedra muy baratos, y los chicos los compran a trueque de zoquetes de pan. Véndense cocidos y para comerlos se saca con un alfiler la poca comida que tienen pues no es la décima parte de la que tiene un caracol de tierra.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Caramuxos
-
Cunchas de caramuxos fósiles, procedentes da cova de Altamira e datados hai 15.000 anos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Linnaeus C. (1758). Systema naturae per regna tria naturæ, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Tomus I. Editio decima, reformata. pp. [1-4], 1-824. Holmiae. (Salvius).
- ↑ Reid, David G.; Gofas, S (2011). "Littorina littorea (Linnaeus, 1758)". World Register of Marine Species. Consultado o 16 de maio de 2011.
- ↑ Ríos Panisse non se define sobre a orixe deste nome se poida deber á planta do mesmo nome (Taraxacum officinale), a que produza algún tipo de irritación na pel (mexacán ou coxo) ou á síncopa dun posible ameixa de can.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Caramuxo |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- RAMONELL, Rosa: Guía dos mariscos de Galicia. Galaxia, Vigo 1985.
- RÍOS PANISSE, M. Carmen: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia (Invertebrados y peces). Anejo 7 (1977) de Verba.
- SANTAMARINA, Antón (ed. e dir.): Diccionario de diccionarios. Fundación Pedro Barrié de la Maza, Instituto da Lingua Galega, 3ª ed. 2003.