Azolla microphylla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Azolla microphylla é unha especie de pteridófita (fentos ou fieitos) da clase das polipodiópsidas, orde das salviniales e familia das salviniáceas, unha das sete comprendidas no xénero Azolla.[2]

É un pequeno fieito acuático flotante que posúe, como as demais especies do xénero, unha alga simbionte (unha cianobacteria do xénero Anabaena, A. azollae) que fixa o nitróxeno.[3]

Como outras salviniáceas é unha planta invasora.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Smith, K. (2016): Azolla microphylla na Lista vermella da UICN. Versión 2021-1. Consultada o 5 de abril de 2021.
  2. Azolla Lam. en World Flora Online. Consultado o 5 de abril de 2021.
  3. C. van Hove & A. Lejeune 2002, pp. 23–26.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]