Avia Veira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Avia Veira González

Actualmente no cargo
Dende o 2015
Precedido por Xosé Manuel Carril

Escudo de A Coruña.svg
Concelleira na Corporación Municipal da Coruña
Actualmente no cargo
Dende o 2012

Datos persoais
Nacemento 1986
A Coruña, Galicia Galicia
Partido Bloque Nacionalista Galego
Profesión Filóloga, política
Residencia Monte Alto, A Coruña
Twitter @aviagv
Facebook avia.veiragonzalez

Avia Veira González, nada na Coruña en 1986, é unha filóloga e política galega do BNG.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Licenciada en Filoloxía Galega, cursou a última convocatoria do Curso de Aptitude Pedagóxica. Na actualidade[cando?] realiza un Mestrado en Tradución de Localización de Software e Produtos Multimedia.

Traballou como técnica de Normalización Lingüística durante dous anos.

Traxectoria política[editar | editar a fonte]

Co gallo da catástrofe do Prestige entrou, con 16 anos, formar parte do BNG a través da organización xuvenil Galiza Nova.

En 2012 accede a unha das concellarías na oposición do BNG na cidade da Coruña trala renuncia de Xoán Martínez Caxigal[1].

Após as eleccións municipais de 2015 quedou fóra das bancadas da oposición ao ir cuarta nas listas do seu partido, que só foi quen de acadar unha única acta. A dimisión do cabeza de lista, Xosé Manuel Carril, e as dúas seguintes candidatas nas listas colocou a Avia Veira como única concelleira representante do BNG no Palacio de María Pita[2].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]