Autódromo de Terramar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Autódromo de Terramar
Plano do Circuíto
Datos
Carreiras
Localización España Sant Pere de Ribes, Barcelona, España
Lonxitude 2 km
Curvas 2
Volta rápida
Piloto récord
Escudería récord
Coordenadas Coordenadas: 41°14′18″N 1°46′50″L / 41.23833333, 1.78055556
Vista do Circuíto
Vista do autódromo de Terramar desde encima do peralte a beira do mar

O Autódromo de Terramar, é un circuíto abandonado tipo oval inaugurado en 1923 e en desuso desde os anos 50. Está situado no termo municipal de Sant Pere de Ribes, na provincia de Barcelona. O circuíto ten unha lonxitude duns 2 quilómetros, é ovalado e son notables os seus peraltes de 60 ou máis grados.

No momento da súa construción, Europa só dispoñía de dous autódromos, o de Brooklands e o de Monza e nos Estados Unidos só existía o de Indianápolis. Neste circuíto celebrouse o segundo Gran Premio de España da historia, celebrado o mesmo 1923 como parte dos actos inaugurais do circuíto. Esta carreira gañouna Dario Resta ao volante dun Talbot.

Historia[editar | editar a fonte]

Deseñado por Jaume Mestres i Fossas o autódromo foi construído en só 300 días cun custo de 4 millóns de pesetas. A inauguración efectuouse o 28 de outubro de 1923 e asistiron a ela o infante Alfonso de Borbón e Battenberg,[1] en representación do monarca Afonso XIII, e Miguel Primo de Rivera, foi encabezada polo sabadellense Francesc Armengol, promotor da urbanización de Terramar de Sitges e un dos principais investidores do circuíto. Con todo, co curso dos anos a clase acomodada barcelonesa pronto deixou de asistir ao autódromo, o que marcaría definitivamente o seu futuro.

O elevado investimento para a construción do circuíto sumada ao escaso público que asistía ás probas fixo que non puidesen outorgar premios monetarios aos pilotos polas súas vitorias. Isto afectou seriamente a reputación do circuíto, e iso engadíronse ás queixas dos pilotos polos elevados peraltes (de 60 a 90 grados), que afectaban a seguridade da condución. Así, en 1925 xa non se realizaban carreiras, e en 1929 o Autódromo pasou a mans de Edgar Morawitz. Grazas ao investimento de Morawitz volvéronse a disputar carreiras a partir do ano 1932 cunha proba do Campionato español de motociclismo. Morawitz situouse en contra de Francisco Franco e iso fixo que tivese que abandonar a xestión do circuíto por medo ás represalias da ditadura, xa que fora convertido en cuartel republicano durante a guerra civil. Logo da contenda, Morawitz vendeu o Autódromo ao financeiro José-Emilio Ferrer Dalmau e a súa esposa Margarita de Udaeta, que mantiveron o terreo e as hortas aínda que o circuíto xa non era apto para os coches da época debido ao seu gran peraltado. O 29 de maio de 1955 correron automóbiles e motos no circuíto por última vez. Un ano despois a Volta a Cataluña fixo un percorrido de 60 km que foi o último evento oficial que se disputou.

Actualidade[editar | editar a fonte]

O autódromo atópase en estado de abandono, aínda que son moitos os afeccionados que se trasladan ao mesmo para admiralo ou camiñar pola antiga pista, cuxas curvas peraltadas mantéñense en perfecto estado. As rectas estaban parcialmente cubertas de vexetación ata que a principios de 2009 realizouse unha operación de limpeza, o que permite actualmente dar voltas completas ao circuíto con automóbiles con permiso do propietario.[2] Se prentende levar a cabo un proxecto de rehabilitación para albergar carreiras de coches clásicos así como facer un museo onde estaba situada a bancada principal.[3] Tamén se efectúan visitas guiadas polo circuíto desde o ano 2010.[4]

No ano 2012 Carlos Sainz e Miguel Molina, dous pilotos españois, puxeron a proba a súa habilidade conducindo un Audi R8 LMS sobre o vello formigón de Terramar. Pese ás difíciles condicións da pista, con zonas gretadas e algunhas fochancas, Sainz estableceu un récord oficioso do circuíto en 42,6 segundos, a 170 km/h de media, mellorando a histórica marca de 45,8 segundos a 157,2 km/h, que posúe Louis Zborowski co seu Miller desde 1923. Unha reportaxe de televisión documentó o acontecemento.[5][6]

Desde o 19 de maio de 2012 unha empresa de experiencias de condución chegou a un acordo co autódromo de Terramar para que a xente poida contratar voltas con Ferrari ou Porsche.[7]

Gran Premio de España[editar | editar a fonte]

Ano Data Piloto Gañador Escudería
1923 28 de outubro Reino de Italia Dario Resta Talbot

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Riba, Marc. L'Autòdrom. http://www.laltaveu.com/Altribes/AltR37.pdf Arquivado 28 de decembro de 2014 en Wayback Machine.
  2. Club Peugeot 205 en el autódromo de terramar
  3. El autódromo renacerá de sus cenizas
  4. Visitas guiadas por el Autódromo de Sitges-Terramar
  5. https://vimeo.com/44391687
  6. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2016. Consultado o 03 de maio de 2017. 
  7. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2012. Consultado o 03 de maio de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]