Aurora 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aurora 1
TipoObservación terrestre.
OrganizaciónUniversidade Rice
Satélite deTerra
Data de lanzamento29 de xuño de 1967[1][2][3][4]
Foguete portadorThor Burner 2[2][5]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea[2]
Obxectivo da misiónEstudo das auroras polares, o bombardeo corpuscular da atmosfera e os cintos de radiación.[2][5][6]
NSSDC ID1967-065B
Masa21 kg[2][5][7]
Dimensións25,4 cm x 35,5 cm x 61 cm[6]
Potencia4 vatios[6]
BateríasNíquel-cadmio[6]
Datos orbitais
Semieixo maior10.250,3 km[1]
Inclinación90,2 graos[1]
Apoapse3948,7 km[1]
Periapse3810,0 km[1]

Aurora 1 foi un satélite artificial construído pola Universidade Rice para a Forza Aérea dos Estados Unidos no marco do programa STP (Space Test Program). Foi lanzado o 29 de xuño de 1967 mediante un foguete Thor Burner 2 desde a base Vandenberg da Forza Aérea.[2][5]

Características[editar | editar a fonte]

A misión de Aurora 1 consistiu no estudo das auroras polares, o bombardeo corpuscular da atmosfera e os cintos de radiación. Para iso adicouse a medir partículas con enerxías de entre 50 e 150.000 eV e luz emitida pola atmosfera a lonxitudes de onda de 3914, 5577, 6300 e entre 1450 e 1750 Ángstroms.[2][6]

A orientación do satélite corría a cargo dun imán permanente que, por interacción co campo magnético terrestre, mantiña a nave aliñada con este.[6]

As comunicacións co satélite tiñan lugar a unha frecuencia de 137,140 MHz.[6]

Instrumentación[editar | editar a fonte]

Aurora 1 levaba seis fotómetros (dous deles para o ultravioleta cos que medir as emisións luminosas da atmosfera en varias lonxitudes de onda. Seis espectrómetros encargábanse de medir a enerxía de electróns e protóns no intervalo de entre 50 e 150.000 eV. Un espectrómetro adicional medía partículas con enerxías de entre 40 e 100.000 eV. O satélite levaba ademais un magnetómetro para medir a súa posición con respecto ó campo magnético da Terra.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "AURORA 1" (en inglés). Consultado o 23 de decembro de 2011. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (4 de novembro de 2011). "Aurora 1" (en inglés). Consultado o 23 de decembro de 2011. 
  3. "Letter dated 16 November 1967 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF) (67-27613). 22 de novembro de 1967. Consultado o 23 de decembro de 2011. 
  4. Claude Lafleur (2010). "Aurora 1" (en inglés). Consultado o 22 de xullo de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Aurora (P67-1)" (en inglés). Consultado o 23 de decembro de 2011. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Project Operations and Support Division - Tracking and Data Systems - NASA - GSFC (1967). OPERATION PLAN 18-67 - OFFICE OF NAVAL RESEARCH/RICE UNIVERSITY - SATELLITE AURORA-1. NASA. 
  7. Mark Wade (2011). "Aurora" (en inglés). Consultado o 23 de decembro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]