August Ferdinand Möbius

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
August Ferdinand Möbius
Nacemento17 de novembro de 1790
Lugar de nacementoSchulpforte
Falecemento26 de setembro de 1868
Lugar de falecementoLeipzig
NacionalidadeReino de Saxonia
Alma máterUniversidade de Gotinga, Universidade de Leipzig, Universidade de Halle-Wittenberg e Pforta
Ocupaciónmatemático, astrónomo e profesor universitario
PaiJohann Heinrich Möbius
NaiJohanne Katherine Christiane Keil
FillosTheodor Möbius e Paul Möbius
Na rede
WikiTree: Möbius-13
editar datos en Wikidata ]

August Ferdinand Möbius, nado en Schulpforta (Saxonia) o 17 de novembro de 1790 e finado en Leipzig o 26 de setembro de 1868, foi un matemático e astrónomo teórico alemán, coñecido polo descubrimento xunto ao matemático alemán Johann Benedict Listing da banda de Möbius, superficie de dúas dimensións non orientábeis cun só lado cando está somerxido no espazo euclidiano tridimensional.

Möbius foi o primeiro en introducir as coordenadas homoxéneas en xeometría proxectiva. A transformación de Möbius, importante en xeometría proxectiva, non se ha confundir coa transformada de Möbius, usada na teoría de números, que tamén leva o seu nome. Interesouse tamén pola teoría de números, a importante función aritmética de Möbius μ(n) e a fórmula de inversión de Möbius, nomeadas así por el. Era descendente de Martiño Lutero.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Biografía, por J. J. O'Connor e E. F. Robertson