Johann Benedict Listing
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de xullo de 1808 Frankfurt (Confederación do Rin) |
Morte | 24 de decembro de 1882 (74 anos) Gotinga (Imperio Alemán) |
Educación | Universidade de Gotinga |
Director de tese | Carl Friedrich Gauss |
Actividade | |
Campo de traballo | Topoloxía |
Ocupación | matemático, físico, topólogo, profesor universitario |
Empregador | Universidade de Gotinga Universidade de Hanover (pt) |
Membro de | |
Profesores | Carl Friedrich Gauss |
Obra | |
Doutorando | Edward Leamington Nichols (pt) e Heinrich Maschke (pt) |
Familia | |
Fillos | Theodore Roloff |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Листинг Иоганн Бенедикт) Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) |
Johann Benedict Listing, nado en Frankfurt o 25 de xullo de 1808 e finado en Gotinga o 24 de decembro de 1882, foi un matemático alemán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1830 ingresou na Universidade de Gotinga, onde foi alumno de Gauss. En 1834 expuxo a súa tese titulada De superficiebus secundi ordinis. Foi o primeiro en utilizar a palabra topoloxía en vez do termo usual na época de xeometría situs, querendo destacar desa maneira a autonomía crecente desta disciplina.
A partir de 1837 impartiu clases de matemáticas en Hannover, recibindo en 1839 a cátedra de física. En 1847 publicou Vorstudien zur Topologie. En 1858 descubriu as propiedades topolóxicas do que actualmente se coñece co nome de banda de Möbius, de forma independente a este último. En 1862 na súa obra Der Census raumlicher Complexe oder Verallgemeinerung des Euler'schen Satzes von den Polyedern xeneralizou para os complexos simpliciais a Característica de Euler dos poliedros.
Listing interesouse tamén pola xeodesia e a el débeselle o termo de xeoide.