Atol Raroia
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| División administrativa | departamentos e territorios de ultramar de Francia | ||||
| Colectividade | Polinesia Francesa | ||||
| División administrativa da Polinesia Francesa | Illas Tuamotu-Gambier | ||||
| Comuna da Polinesia Francesa | Comuna de Makemo | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 359 km² | ||||
| Bañado por | océano Pacífico | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
Raroia é un atol das Tuamotu, na Polinesia Francesa. Administrativamente é unha comuna asociada á comuna de Makemo. Está situado a 740 km ao nordés de Tahití e a 6 km ao suroeste de Takume.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O atol ten forma ovalada, de 43 km de longo e 14 km de ancho. A superficie total é de 41 km². Dispón dun paso navegable ao interior da lagoa. A vila principal é Garumaova. A poboación total era de 184 habitantes no censo do 1996, que viven principalmente da pesca e a perlicultura. Non dispón de infraestruturas.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi descuberto en 1605 por Pedro Fernández de Quirós. Historicamente tamén se coñeceu cos nomes: Fugitiva e Barclay de Tolley. En 1947 fíxose famoso pola historia da Kon Tiki. O noruegués Thor Heyerdahl construíu unha barca tradicional de madeira e bambú, parecido aos que utilizaban os incas para desprazarse polo lago Titicaca. Para demostrar que era posible a navegación prehistórica e o poboamento da Polinesia desde América, fixo unha viaxe de 101 días desde Perú ata Raroia.
