Saltar ao contido

Atol Ouvéa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAtol Ouvéa
Imaxe

Localización
Mapa
 20°27′S 166°36′L / -20.45, 166.6
EstadoFrancia
Territorio dependenteNova Caledonia Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación3.401 (2019) Editar o valor en Wikidata (25,75 hab./km²)
Xeografía
Superficie132,1 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal98814 Editar o valor en Wikidata

Praia de Mouli, en Ouvéa

Ouvéa, ou Uvea, é o atol máis occidental do arquipélago das illas da Lealdade, ao nordés de Nova Caledonia.

A superficie total é de 133 km², cunha altitude máxima de 39 m. A illa é alargada de norte a sur formada por dúas partes unidas por un estreito istmo de 25 km de longo. Os extremos norte e sur prolónganse cara ao oeste por unha barreira de coral e uns illotes diseminados. A costa oeste da illa é unha longa praia de 25 km.

Na illa conviven dúas comunidades, unha polinesia e a outra canaco, con dúas linguas pero cunha cultura máis próxima á melanesia. Colonizada tanto desde a grande illa de Nova Caledonia (Grande-Terre) como desde Samoa e Tonga, no século XVIII establecéronse inmigrantes polinesios da illa Uvea de Wallis e Futuna. Por iso en ocasións distínguese Uvea Este (Wallis) de Uvea Oeste (Ouvéa), e inclúese a illa nas chamadas illas periféricas polinesias. Esta comunidade fala o uveano occidental, ou faga uvea, moi próximo ao uveano oriental, ou wallisiano. A lingua dos kanaks de Ouvéa é o laai.

A poboación total era de 4.359 habitantes no censo do 2004, aproximadamente a metade polinesios e a metade kanaks. A capital é Fayaoué.