Atlácatl
Biografía | |
---|---|
Morte | século XVI |
Atlácatl (do náhuatl Ātlācatl: ātl "auga", tlācatl "ser humano"), cuxa morte é ás veces situada en 1528, é o último gobernante dun estado indíxena baseado ao redor da cidade de Cuzcatlán, no suroeste de Mesoamérica (no actual O Salvador), no tempo da conquista española. Foi un cacique indíxena pipil que se enfrontou á invasión do conquistador español Pedro de Alvarado.
A historia de Atlácatl inspirou o nome dun dos batallóns do exército de elite do Salvador: o Batallón Atlácatl.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Orixe
[editar | editar a fonte]O pipil Atlácatl era orixinario do Señorío de Cuzcatlán, o cal controlaba gran parte do que se coñece no presente como O Salvador.
A conquista española
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Conquista española do Salvador.
Nos relatos históricos, o cacique Atlácatl foi un estratego que emboscou a Pedro de Alvarado cunha nota de rendición, a cal era dende o inicio unha trampa que permitiu ao pobo indíxena defender o seu territorio en 1524. A Alvarado foille confiada a cidade de Cuzcatlán mais emcontrou un pobo alzado en armas que atacou dende as montañas, o cal permitiu a Atlácatl derrotar ao seu inimigo e gañar a fama que mantén até o presente.
Morte
[editar | editar a fonte]Nun ataque que realizou á vila española de San Salvador Atlácatl foi derrotado, apresado e enforcado, aínda que existen dúbidas sobre a data exacta.
O busto de Atlácatl
[editar | editar a fonte]O escultor salvadoreño Valentín Estrada foi o creador dunha estatua de bronce na honra da figura de Atlácatl. A estatua, con 2,20 metros de alto, foi enviado ao Salvador en 1928 dende España, e atópase no parque Atonal, no corazón da colonia Atlacatl do concello de San Salvador.
Existencia de Atlácatl en dúbida
[editar | editar a fonte]De acordo co historiador Jorge Lardé y Larín, no ano 1855 o abade Charles Étienne Brasseur de Bourbourg realizou a tradución da lingua kaqchikel ao francés dun manuscrito ao que chamou Memorial de Tecpán - Atitlán, e fixo unha transcrición do numeral 150 do texto onde consignou que «Pedro de Alvarado chegou a Cuscatlán e deu morte a Atlácatl e os señores da súa corte». Este escrito sería reproducido por outros autores nos anos siguintes, como Juan Gavarrete no Boletín de la Sociedad Económica de Guatemala (1873); Daniel G. Brinton en The Annals of the Cakchiqueles (1885) e Georges Raynaud en Les Manuscrits précolombiens (1893). Ademais, autores salvadoreños retomaron esta versión, entre eles Carlos Arturo Imendia (1903) e Juan José Laínez (1905).[2]
No ano 1948, o guatemalteco Adrián Recinos realizou unha tradución directa do kaqchikel ao castelán do documento, ao cal titulou Memorial de Sololá. Traduciu o devandito numeral 150 do seguinte xeito: «Vinte e cinco días despois de ter chegado á cidade (de Iximchée ou Tecapán - Guatemala) partiu Tonatiuh (Pedro de Alvarado) para Cuzcatlán, destruíndo de paso a Atacat (ou Escuintla). O día 2 Queh (o 9 de maio de 1524) os casteláns mataron aos de Atacat (ou Escuintla)...»
De acordo con esta tradución, Atacat, Atágat ou Atlácatl era o nome dado polos kaqchikeles ao poboado yaqui ou pipil de Escuintla e non o nome dun soberano como estipulara Bourbourg.[2] Porén, en lingua pipil "Atacat" equivale ao "Atlacatl" do náhuatl do altiplano de México. Ademais "Atacat" non ten ningunha terminación de locativo: "tan", "go", como é o frecuente, polo que a dúbida permanece.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Goldston e Rone 1990, pp. 224–225
- ↑ 2,0 2,1 Jorge Lardé y Larín: El Salvador: descubrimiento, conquista y colonización. pp. 74- 75. ISBN 99923-0-052-3
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fowler William R., Jr. (Winter 1985). "Ethnohistoric Sources on the Pipil-Nicarao of Central America: A Critical Analysis". Ethnohistory (Columbus, OH: American Society for Ethnohistory) 32 (1): 37–62. ISSN 0014-1801. JSTOR 482092. OCLC 42388116. doi:10.2307/482092.
- Fowler William R., Jr. (1991). "The Formation of Complex Society Among the Nahua Groups of Southeastern Mesoamerica: A Comparison of Two Approaches". En William R. Fowler, Jr. The Formation of Complex Society in Southeastern Mesoamerica. Revised papers from the 86th Annual Meeting of the American Anthropological Association, Chicago, novembro de 1987, and additional material. Boca Raton, Florida: CRC Press. pp. 193–214. ISBN 0-8493-8831-7. OCLC 23215549.
- Goldston, James; Rone, Jemera (1990). A Year of Reckoning: El Salvador a Decade After the Assassination of Archbishop Romero (en inglés). Human Rights Watch. ISBN 9780929692500. Consultado o 28 de decembro de 2020.