Atlácatl

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAtlácatl

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Morteséculo XVI Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeO Salvador Editar o valor em Wikidata

Atlácatl (do náhuatl Ātlācatl: ātl "auga", tlācatl "ser humano"), cuxa morte é ás veces situada en 1528, é o último gobernante dun estado indíxena baseado ao redor da cidade de Cuzcatlán, no suroeste de Mesoamérica (no actual O Salvador), no tempo da conquista española. Foi un cacique indíxena pipil que se enfrontou á invasión do conquistador español Pedro de Alvarado.

A historia de Atlácatl inspirou o nome dun dos batallóns do exército de elite do Salvador: o Batallón Atlácatl.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Orixe[editar | editar a fonte]

O pipil Atlácatl era orixinario do Señorío de Cuzcatlán, o cal controlaba gran parte do que se coñece no presente como O Salvador.

A conquista española[editar | editar a fonte]

Nos relatos históricos, o cacique Atlácatl foi un estratego que emboscou a Pedro de Alvarado cunha nota de rendición, a cal era dende o inicio unha trampa que permitiu ao pobo indíxena defender o seu territorio en 1524. A Alvarado foille confiada a cidade de Cuzcatlán mais emcontrou un pobo alzado en armas que atacou dende as montañas, o cal permitiu a Atlácatl derrotar ao seu inimigo e gañar a fama que mantén até o presente.

Morte[editar | editar a fonte]

Nun ataque que realizou á vila española de San Salvador Atlácatl foi derrotado, apresado e enforcado, aínda que existen dúbidas sobre a data exacta.

O busto de Atlácatl[editar | editar a fonte]

O escultor salvadoreño Valentín Estrada foi o creador dunha estatua de bronce na honra da figura de Atlácatl. A estatua, con 2,20 metros de alto, foi enviado ao Salvador en 1928 dende España, e atópase no parque Atonal, no corazón da colonia Atlacatl do concello de San Salvador.

Existencia de Atlácatl en dúbida[editar | editar a fonte]

De acordo co historiador Jorge Lardé y Larín, no ano 1855 o abade Charles Étienne Brasseur de Bourbourg realizou a tradución da lingua kaqchikel ao francés dun manuscrito ao que chamou Memorial de Tecpán - Atitlán, e fixo unha transcrición do numeral 150 do texto onde consignou que «Pedro de Alvarado chegou a Cuscatlán e deu morte a Atlácatl e os señores da súa corte». Este escrito sería reproducido por outros autores nos anos siguintes, como Juan Gavarrete no Boletín de la Sociedad Económica de Guatemala (1873); Daniel G. Brinton en The Annals of the Cakchiqueles (1885) e Georges Raynaud en Les Manuscrits précolombiens (1893). Ademais, autores salvadoreños retomaron esta versión, entre eles Carlos Arturo Imendia (1903) e Juan José Laínez (1905).[2]

No ano 1948, o guatemalteco Adrián Recinos realizou unha tradución directa do kaqchikel ao castelán do documento, ao cal titulou Memorial de Sololá. Traduciu o devandito numeral 150 do seguinte xeito: «Vinte e cinco días despois de ter chegado á cidade (de Iximchée ou Tecapán - Guatemala) partiu Tonatiuh (Pedro de Alvarado) para Cuzcatlán, destruíndo de paso a Atacat (ou Escuintla). O día 2 Queh (o 9 de maio de 1524) os casteláns mataron aos de Atacat (ou Escuintla)...»

De acordo con esta tradución, Atacat, Atágat ou Atlácatl era o nome dado polos kaqchikeles ao poboado yaqui ou pipil de Escuintla e non o nome dun soberano como estipulara Bourbourg.[2] Porén, en lingua pipil "Atacat" equivale ao "Atlacatl" do náhuatl do altiplano de México. Ademais "Atacat" non ten ningunha terminación de locativo: "tan", "go", como é o frecuente, polo que a dúbida permanece.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Goldston e Rone 1990, pp. 224–225
  2. 2,0 2,1 Jorge Lardé y Larín: El Salvador: descubrimiento, conquista y colonización. pp. 74- 75. ISBN 99923-0-052-3

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]