Saltar ao contido

Atlas Aircraft Corporation

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atlas Aircraft Corporation
Tipofabricante aeroespacial
Data de fundación1965
Data de disolución1992
PaísSuráfrica
editar datos en Wikidata ]

Atlas Aircraft Corporation (tamén coñecida como Atlas Aviation) é unha compañía surafricana creada en 1965[1] para fabricar varias sofisticadas aeronaves militares e equipamento de aviónica para a Forza Aérea de Suráfrica, ademais de para o mercado de exportación. Foi creada principalmente para eludir o embargo internacional de armas (Resolución 418 da ONU) que comezou en 1963[2] contra o goberno surafricano debido ás súas políticas do Apartheid.

Coa creación en 1968 do conglomerado pertencente ao goberno surafricano chamado Armscor (Armaments Corporation of South Africa), a Atlas Aircraft Corporation pasou a estar baixo o control de Armscor.[3]

En 1992 Atlas foi absorvida dentro dunha nova entidade coñecida como Denel, pasando a formar parte de Denel Aviation.[4]

Aeronaves

[editar | editar a fonte]

Aeronaves de produción

[editar | editar a fonte]

Atlas construíu e mantivo unha variedade de avións:[1]

Atlas tamén axudou á Forza Aérea de Suráfrica a manter a súa frota de aeronaves que foran mercadas principalmente antes do inicio das sancións nos anos 70.

Prototipos e aeronaves non producidas

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 "South African Air Force Equipment". GlobalSecurity. Consultado o 6 de novembro de 2018. 
  2. "Arms Embargo against Apartheid South Africa". richardknight.com. Consultado o 6 de novembro de 2018. 
  3. "South Africa’s arms industry". International Development Research Center. Archived from the original on 19 de novembro de 2006. Consultado o 6 de novembro de 2018. 
  4. "The case of Denel". International Development Research Center. Archived from the original on 24 de novembro de 2006. Consultado o 6 de novembro de 2018.