Atlas XH-1 Alpha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atlas XH-1 Alpha
Tipoprototipo
FabricanteAtlas Aviation Corporation, Denel Aviation
Primeiro voo3 de febreiro de 1985
Unidades construídas1

O Atlas XH-1 Alpha foi un prototipo de helicóptero de ataque fabricado pola compañía Atlas Aviation Corporation (no presente Denel Aviation) de Suráfrica usado como desmostrador de concepto para o entón planeado proxecto Rooivalk.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

O XH-1 Alpha foi desenvolvido a partir da célula dun Aérospatiale Alouette III, mantendo o seu motor e os compoñentes dinámicos, pero substituíndo a cabina orixinal por unha cabina en tándem, engadíndolle un canón de 20 mm baixo o morro e convertendo o tren de aterraxe nun con configuración de triciclo.

O XH-1 voou por vez primeira o 3 de febreiro de 1985,[1] e ao pouco tempo embarcouse nun rigoroso programa de probas para examinar a viabilidade dun helicóptero de ataque dedicado para as condicións durafricanas. Os resultados finalmente foron o suficientemente bos como para convencer a Atlas e á Forza Aérea de Suráfrica de seguir adiante co desenvolvemento dun halicóptero de ataque dedicado, o Denel Rooivalk.

O XH-1 e o Rooivalk son aparellos completamente diferentes e non comparten compoñentes. O Rooivalk foi desenvolvido a partir do prototipo XH-2 posterior.

O único XH-1 foi retirado nalgún momento a finais da década de 1980 e levado ao museo da Forza Aérea surafricana onde se atopa a día de hoxe.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Air International xuño de 1986, p.599.