Atahíde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atahíde
OrixePontedeume, Galicia
PeríodoSegunda metade da última década do século XX
Xénero(s)folk galego
MembrosManu Moares, Nando Vila, Xosé Dobarro, Sabela García, Emilio Mesías, Ana Leira

O grupo Atahíde era un grupo de música tradicional galega que desenvolveu o seu traballo durante a segunda metade da década dos noventa do pasado século. Son orixinarios de Pontedeume.

Compoñentes[editar | editar a fonte]

Tres dos seus membros viñan do grupo Iriadona, que había pouco tempo cesara as súas actividades. Eles son:

Uníronselles:

Traballos[editar | editar a fonte]

Atahíde
Álbum de Atahíde
Xénero(s)Folk

En xaneiro de 1998 gravaron unha maqueta nos estudos de Víctor Gacio en Serantes, Ferrol, cun total de cinco cancións:

  1. Danzares-muiñeira do Centolo (Emilio Mesías)
  2. O xastre (tradicional)
  3. Jota de Pontevedra (tradicional)
  4. O xustillo (tradicional)
  5. Agarimosilla (Antonio Leira)

En xullo dese mesmo ano, participan nun CD dobre chamado Musiceum onde participaron a práctica totalidade dos músicos eumeses do momento, e de tódolos estilos. As dúas cancións elixidas para este CD son Jota de Pontevedra e O xustillo[1].

A disolución do grupo coincide coa chegada do novo século.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 5 de xullo de 1998