Saltar ao contido

Musiceum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Musiceum
Álbum de Varios artistas
Publicado1998
Xénero(s)Varios
ProdutorZaloira
editar datos en Wikidata ]

Musiceum é o nome dun dobre CD editado no ano 1998 pola Asociación Cultural Zaloira. O título é unha mestura das palabras Música e Eume e fai referencia ao seu contido: tódolos participantes no disco son músicos eumeses.

Motivación

[editar | editar a fonte]

A Asociación Cultural Zaloira de Pontedeume fixera a metade dos noventa dous festivais de música folk co nome de Festival Noroñó. Ante o inesperado éxito da primeira edición, na segunda fixeron un grande esforzo organizativo coa contratación de grandes figuras, tanto galegas como foráneas, da música folk. Agardaban recuperar o gastado os días do festival coa venda de bebidas e comidas. A mágoa foi que o tempo non acompañou e o resultado foi que non se cumpriron as expectativas de afluencia, reflectíndose no balance económico nun déficit de case medio millón de pesetas.

A pesar de ter un apoio verbal das autoridades, non se produciu a ansiada axuda institucional. Isto obrigou á Asociación a organizar durante varios anos distintas actividades destinadas á recadación de fondos para pagar as débedas contraídas. Este disco foi unha desas actividades, levada a bo fin coa inestimábel participación desinteresada de todos os músicos eumeses que interveñen.

Lista de grupos e cancións

[editar | editar a fonte]

Está adicado á xeración de músicos máis novos:

  1. Faltriqueira: A herba de namorar (tradicional, letra e arranxos Faltriqueira)
  2. Atahíde: Jota de Pontevedra (tradicional, arranxos Atahíde)
  3. Trevinka: A Pena do Soldado (José Feal, arranxos Trevinka)
  4. Tickets: Lobsterman (letra e música Barro)
  5. Foly Lamas: Lola (Foly Lamas)
  6. Krecha Vagula: Drenarte (X. García Moreira)
  7. Faltriqueira: Manuel-Pandeiretada (tradicional, arranxos Faltriqueira)
  8. Atahíde: O Xustillo (tradicional, arranxos Atahíde)
  9. Trevinka: Queninjanas (Tino Casás, arranxos Trevinka)
  10. Tickets: Volverá (letra e música Barro)
  11. Foly Lamas: Eume (Foly Lamas)
  12. Krecha Vagula: Insectofilia (X. García Moreira)

Volume II

[editar | editar a fonte]

Neste volume participan músicos de estilos máis clásicos:

  1. Tito e Ana Ríos: Vou pola ría de Ares (letra e música Francisco Casal)
  2. Os Eumeses: Emigrante (letra A. Carpente, música G. Carpente Leira, arranxos Antonio García)
  3. José Ramón Regueira: Mar y Luna (letra e música J.R. Regueira, arranxos R. Gorigoitia)
  4. Sotto voce: Con amores. La mi madre (tradicional española)
  5. Escola de música Charamela: Os tres galeguinhos (Rogelio Miguel e Indalecio Groba)
  6. Coral Polifónica Eumesa: Canto a Castelao (letra E. Campoamor, música P. Antolín Cuéllar)
  7. Tito e Ana Ríos: No volveré
  8. Os Eumeses: Fermosura dunha terra (letra G. Carpente Leira, arranxos Antonio García)
  9. José Ramón Regueira: Papá Montero (letra Nicolás Guillén, música J.R. Regueira, arranxos R. Gorigoitia)
  10. Sotto voce: Rosa Amarela (popular brasileira)
  11. Escola de música Charamela: Ciclo dos ríos - 1º movemento Río Negro, 2º movemento Orinoco -
  12. Coral Polifónica Eumesa: Terra meiga (letra e música Francisco Rey Romero)
  13. Escola de música Charamela: Minueto en Sol (Ludvig Van Beethoven)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Caderniños dos dous volumes do CD Musiceum. DL:VG569-98