Agrarismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Asociacionismo agrario»)
A Nosa Terra foi o voceiro de Solidaridad Gallega

O movemento agrario ou agrarismo foi un movemento de masas no cal o campesiñado participou activamente a través das sociedades agrarias e de sindicatos agrícolas no primeiro terzo do século XX. O agrarismo é o termo co que se denomina a organización dos labregos en sociedades agrarias ou en sindicatos agrícolas en Galiza a fins do século XIX e sobre todo a partir de 1907 cando apareceu Solidaridad Gallega que axudou a dinamizar o movemento. Os obxectivos do agrarismo era a loita contra o sistema foral e contra o caciquismo ademais de promover a renovación técnica do sector agrario galego.

O 28 de xaneiro de 1906 promúlgase a lei de sindicatos agrícolas. Dita lei permite a asociación de campesiños en cámaras agrarias ou comunidades para a adquisición de abonos, trebellos, ou para acadar unha correcta exportación de produtos. Así a todo, o movemento agrario rematou por se-la expresión do conflito social de maior relevo, un conflito que acontece no primeiro terzo do século XX ó reaccionaren os campesiños ante a problemática que se estaba a sufrir no rural, ante o caciquismo, ante os foros... Solidaridad Gallega que axudou a dinamizar o movemento. Os obxectivos do agrarismo era a loita contra o sistema foral e contra o caciquismo ademais de promover a renovación técnica do sector agrario galego.

Solidaridad Gallega recolle o testemuño de Acción Regionalista de Alfredo Brañas e expresa violentamente a vontade campesiña con graves motíns que culminan cos 9 mortos e 27 feridos dos acontecementos de Oseira en 1909.

Cando o rexionalismo estaba xa case extinguido, no que tiña de acción política organizada, xorde unha nova formación do galeguismo: Solidaridade Gallega.

Acción Gallega (ou Acción Galega) foi o nome dun dos máis importantes movementos agrarios e anticaciquís na Galiza do século XX. De carácter decididamente antiforal, redencionista, na súa primeira formulación, constituíu a variante radical do agrarismo galego na década de 1910.

Orixe e evolución[editar | editar a fonte]

Orixe[editar | editar a fonte]

O 28 de xaneiro de 1906 promúlgase a lei de sindicatos agrícolas, que permitía a asociación de campesiños en cámaras agrarias ou comunidades para a adquisición de fertilizantes e trebellos e para acadar unha correcta exportación de produtos. Así a todo, o movemento agrario rematou por se-la expresión do conflito social de maior relevancia, un conflito que acontece no primeiro terzo do século XX ó reaccionaren os campesiños ante o caciquismo, os foros e a problemática que se estaba a sufrir no rural.

Pódense establecer catro etapas na evolución dos movementos agrarios:

1ª etapa[editar | editar a fonte]

Alfredo Brañas.

A orixe deste movemento está na experiencia iniciada con éxito en Cataluña cando Salmerón concibe un pacto electoral pragmático, superador das diferencias partidistas [...] En 1907 preséntase Solidaridade que obtén un clamoroso éxito[2].

Manuel Murguía.

No programa de Solidaridad Gallega predomina a idea de defender Galicia, inda que, como sinala Xosé Ramón Barreiro, o programa resulta moi inconcreto. Fórmana republicanos, carlistas e rexionalistas (Murguía, Pondal, Uxío Carré Aldao). Recollen a radicalización da loita agraria, conseguen multitudinarias concentracións e vitorias parciais nas eleccións municipais, inda que non representación parlamentaria. O seu órgano de expresión será A Nosa Terra e constitúe o vencello entre o rexionalismo e o nacionalismo.

Entre 1912 e 1913 a expansión do agrarismo vai acompañada de cambios nas súas correntes internas. Establécense dúas grandes liñas: a social católica e a laica. A primeira promoveu o cooperativismo e tratou de manter viva a influencia tradicional da Igrexa no mundo rural, afastando aos campesiños dos partidos democráticos. Creceu moito grazas á acción dos párrocos e propagandistas. Na década de 1920 tiña uns 500 sindicatos e 45.000 afiliados. O agrarismo laico insistiu na desaparición do foro, organizou boicots ao pago de rendas e impostos, foi máis permeable á influencia de republicanos e galeguistas e apoiou os esforzos por democratizar o sistema. A súa primeira organización foi a Liga de Acción Galega (1910-1914), dirixida paradoxalmente por un cura, Basilio Álvarez, famoso polas súas multitudinarias concentracións e a súa fogosa oratoria contra foros e caciques.[3]

Outras organizacións agrarias relevantes desta primeira etapa son Unión Campesiña e Acción Gallega, fundada en 1910 por Basilio Álvarez, abade de Beiro (Ourense).

2ª etapa[editar | editar a fonte]

Na segunda etapa (1917-1923), a combatividade dos labregos é enorme. Chegan a se enfrontaren coa Garda Civil por procuraren a redención dos foros pretendendo que non haxa ningunha indemnización ós antigos propietarios. Como consecuencia da presión exercida produciranse as redencións masivas de foros que a ditadura de Primo de Rivera promulgou co decreto de 1926 que permitía ós campesiños ser donos do seu terruño.

3ª etapa[editar | editar a fonte]

Nos anos da ditadura de Primo de Rivera proliferan sindicatos de signo católico que tenden a se confundir co poder do Estado. As súas actividades redúcense á organización da agricultura e á divulgación de fertilizantes e maquinaria polas aldeas galegas.

4ª etapa[editar | editar a fonte]

Na segunda República o movemento agrario diversifícase por mor de múltiplas tendencias ideolóxicas (católica, comunista, nacionalista) e ve minorada a súa forza.

Tanto Antonio Noriega Varela como Ramón Cabanillas foron escritores comprometidos co movemento agrarista.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Prieto, Victorino Pérez (1988). A xeración "Nós": galeguismo e relixión. Editorial Galaxia. ISBN 978-84-7154-630-2. 
  2. Barreiro Fernández: Historia de Galicia IV. Galaxia. Vigo 1981
  3. Beramendi, Justo; "Historia mínima de Galicia"