Saltar ao contido

Asha Bhosle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

 

Modelo:BiografíaAsha Bhosle

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(mr) आशा भोसले Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de setembro de 1933 Editar o valor en Wikidata (91 anos)
Sangli, India (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónHinduísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónBalmohan Vidyamandir (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz, compositora, actriz de cinema, guitarrista, cantante, singer (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1943 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoFilmi music (en) Traducir, Hindustani classical music (en) Traducir, world music, música clássica indiana (pt) Traducir, Indian folk music (en) Traducir, Indian rock (en) Traducir, ghazal, Qawwali (pt) Traducir, bhajan (en) Traducir e música pop Editar o valor en Wikidata
InstrumentoGuitarra e voz Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeRahul Dev Burman (1980–1994) Editar o valor en Wikidata
FillosVarsha Bhosle Editar o valor en Wikidata
PaiDeenanath Mangeshkar Editar o valor en Wikidata
IrmánsLata Mangeshkar
Usha Mangeshkar
Meena Khadikar
Hridaynath Mangeshkar Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webashabhosle.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0080427 Allocine: 144472 Rottentomatoes: celebrity/asha_bhosle Allmovie: p216664
Twitter: ashabhosle Youtube: UC68zY8Df_wOJcVrQL3kJjbw Spotify: 5as8A4G47Ohu9NSWs3Je8U iTunes: 2581435 Musicbrainz: 79c5547a-e098-495c-8dac-7e99546aa46b Songkick: 214284 Discogs: 56675 Allmusic: mn0000615026 Genius: Asha-bhosle Editar o valor en Wikidata

Asha Bhosle nada co nome Mangeshkar o 8 de setembro de 1933 é unha cantante e empresaria india. É coñecida polos seus cantos en películas hindi, maiormente dobrando a outras actrices que non podían cantar tan ben[1][2]. Asha tamén é actriz de voz; a súa carreira comezou en 1943. É irmá da cantante de playback Lata Mangeshkar.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

En 2011, foi honrada polo Libro Guinness dos Récords como a artista máis gravada da historia da música, bastante por diante (a pesar da controversia) do cantante de playback Mohammed Rafi[3].

Entre outros, foi honrada con varios Premios Filmfare, cos Premios Nacionais da India en 1981 e 1986, co Nightingale Of Asia, cos premios Screen Videocon, MTV e Channel V en 1997 (polo álbum Jaanam Samjha Karo), en 1998 Premio Dayawati Modi coa colaboración da UNESCO, en 1999 o Premio Lata Mangeshkar, o premio Dadasaheb Phalke e Cantante do Milenio (en Dubai) en 2000, e co Padma Vibhushan en 2008, premio Freddie Mercury e en 2005 premio ás persoas máis elegantes da música[4]

Doutora honoris causa nas universidades de Amravati e Jalgaon.

O grupo Cornershop acadou o nº1 nas listas do Reino Unido coa canción Brimful of Asha, co remix de Norman Cook en 1997[5][6].

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Asha vive en Bombai e tivo tres fillos e 5 netos. O maior Hemant Bhosle (máis tarde Hemant Kumar), abandonou rapidamente a súa carreira musical para converterse en piloto. A filla máis vella, Varsha, é columnista de The Sunday Observer e Rediff e o pequeno Anand Bhosle, estudou cinematografía e economía. O seu neto Chaitanya (Chintu) Bhosle (fillo de Hemant) tamén se adentrou no mundo da música co grupo Band of Boys.

As súas irmás Lata e Usha Mangeshkar tamén fan sincronizacións de beizos para películas e a súa irmá Meena Mangeshkar e o seu irmán Hridayanath Mangeshkar son ​​directores musicais. Asha tamén é cociñeira e posúe o 20% dun restaurante en Dubai, Asha's, que serve cociña tradicional india. Ela encárgase da cociña e da decoración e ofrece un curso de seis meses a cociñeiros.[7]

  1. "Encyclopaedia of Hindi Cinema: An Enchanting Close-Up of India's Hindi Cinema (Britannica) (English and Hindi Edition)". www.books-by-isbn.com. Consultado o 2022-07-01. 
  2. "Shankar Ghosh - Globalwikionline.com". globalwikionline.com. Consultado o 2022-07-01. [Ligazón morta]
  3. "specials; Movies; How fair were they to Mohammed Rafi?". rediff.com (en castelán). Consultado o 1 de xullo de 2022. 
  4. "Lycra® MTV Style Awards 2006". web.archive.org. 2007-04-03. Archived from the original on 03 de abril de 2007. Consultado o 2022-07-01. 
  5. "Cornershop - Brimful Of Asha, Norman Cook Mix (Tjinder Singh) Official Music Video". Consultado o 2022-07-01. 
  6. "Cornershop". www.users.globalnet.co.uk. Consultado o 2022-07-01. 
  7. "menumagazine: News, views, reviews, multi-ethnic food & drink information: page 2 - Yet Another 'First' National Chain Planned - Asha Bhosle - December 2004". web.archive.org. 2005-10-23. Archived from the original on 23 de outubro de 2005. Consultado o 2022-07-01. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

----

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.