Ascensión Hernández Triviño
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de maio do 1940 Villanueva de la Serena, Badaxoz |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Española |
Educación | Universidade de Sevilla, Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | Lingüista |
Empregador | Universidade Nacional Autónoma de México |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Cónxuxe | Miguel León Portilla |
Ascensión Hernández Triviño ou Ascensión Hernández de León-Portilla, nada en Villanueva de la Serena (Badaxoz) o 2 de maio do 1940, é unha lingüista, filóloga, catedrática, investigadora e académica española radicada en México. As súas investigacións céntranse no estudo filolóxico das linguas mesoamericanas, especialmente do náhuatl.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse pola Universidade de Sevilla, e obtivo o seu doutoramento pola Universidade Complutense de Madrid no 1986. Dende 1975, colabora co Instituto de Investigacións Filolóxicas da Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM). É catedrática da Facultade de Filosofía e Letras da UNAM dende o 1987.[1]
No 1964, durante o Congreso Internacional de Americanistas celebrado en Barcelona e Sevilla, coñeceu ao historiador mexicano Miguel León Portilla, co que casou o 3 de maio do ano seguinte no Real Mosteiro de Santa María de Guadalupe (Estremadura).[2]
Hernández Triviño foi membro do Seminario de Cultura Náhuatl entre o 1978 e o 1995. Tamén pertence á Asociación de Lingüística e Filoloxía de América Latina, á Asociación Internacional de Hispanistas e á Asociación Mexicana de Lingüística Aplicada. Foi fundadora da Sociedade Mexicana de Historiografía Lingüística. O 23 de agosto do 2007, elixírona membro de número da Academia Mexicana da Lingua, tomando posesión da cadeira XXI o 22 de xaneiro do 2009. Fai parte da Comisión de Lexicografía da institución.[3]
Obra
[editar | editar a fonte]Hernández Triviño escribiu estudos introdutorios, glosarios, capítulos en obras colectivas e artigos en revistas especializadas, publicadas en España, os Estados Unidos, Francia, Países Baixos e México. Entre os seus títulos, destacan:
- España desde México: vida y testimonio de trasnterrados (1978)
- Tepuztlahcuilolli, impresos en náhuatl: historia y bibliografía (1988)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Academia Mexicana de la Lengua - Miembros". Academia Mexicana de la Lengua (en castelán). 2011-01-10. Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2011. Consultado o 2023-12-26.
- ↑ "Miguel León Portilla". Toltecayotl (en castelán). 2011-09-13. Archived from the original on 13 de setembro de 2011. Consultado o 2023-12-26.
- ↑ "Anuario. Reseña histórica" (PDF). Academia Mexicana de la Lengua (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 2023-12-26.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]- "Doña Ascensión Hernández Triviño es elegida académica de número". Academia Mexicana de la Lengua. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2010. Consultado o 24 de abril de 2011.