As horas roubadas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As horas roubadas
Autor/aMaría Solar
OrixeGaliza
Linguagalego
ColecciónNarrativa
Xénero(s)Novela
EditorialEdicións Xerais
Data de pub.maio de 2016
Páxinas230
ISBN978-84-9121-016-0
editar datos en Wikidata ]

As horas roubadas é unha novela de María Solar, publicada por Edicións Xerais en maio de 2016.

Trama[editar | editar a fonte]

A novela conta a historia en paralelo de dúas familias. Roberto atopa o seu avó Anselmo morto cunha nota na man. Logo de enterralo, os pais de Roberto (Antonio e Lola, que traballan de avogados) explícanlles a el e á súa irmá Ana que se van separar, porque xa non se queren como parella.

Roberto é mozo de Nuria, e o mellor amigo de Ramón. Ramón vive cos seus irmáns Ricardo e Rita, coa súa nai Rosa, co seu pai Damián e coa avoa paterna, Carme. A situación familiar de Roberto e Ramón é ben distinta, pois na casa deste só traballa Damián, mentres que Rosa é ama de casa. Amais, mentres que Antonio e Lola teñen actitudes progresistas, Damián é un home machista e que bate no seu fillo. Rosa, Lola e Antonio eran amigos, pero cando Rosa comezou a andar con Damián, este evitou que saíse con outra xente.

No velorio de Anselmo, Carme (a avoa de Ramón), que ten comezos de demencia senil, dálle un bico ao cadáver, o que dá que falar á veciñanza. Vendo na televisión Informe Semanal a vella di que lembra Buenos Aires, se ben a familia pensa que estivera emigrada en Montevideo.

Cando Roberto atopou o seu avó morto, colleulle un papel que tiña na man no que puña dime que me queres. Ordenando os obxectos do seu avó dá cun cofre e unha chave, que agocha para investigar noutro momento. Gárdao nunha cabana que comparte con Ramón, e o cofre desaparece. A caixa colleuna Ramón, que se sorprendeu ao ver que era igual ca unha que tiña a súa avoa Carme. Na caixa de Anselmo atopa unha carta que en 1941 lle escribira a el Carme, con quen tivera unha relación amorosa en Buenos Aires. Na misiva, enviada a través do sacerdote, don César, Carme explícalle que casou con Evaristo, e que deben deixar de ter contacto. Absorto ao ler a carta, esquece que deixara o televisor aceso sen o estabilizador, e o aparello estoupa. Damián, o seu pai, dálle unha malleira.

Roberto vai visitar a Ramón, e este explícalle o da carta. Ao pouco, Roberto marcha a Arxentina coa súa nai para solucionar uns papeis do seu avó. Ramón vai falar co sacerdote para que lle explique a relación entre Carme e Anselmo, mais o cura alega segredo de confesión e non lle conta nada.

Evaristo
 
Carme
 
 
 
 
Anselmo
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Rosa
 
DamiánDon CésarLola
 
Antonio
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
RitaRicardoRamón
 
Nuria
 
RobertoAna
 
 

Para recuperar o aprecio do seu fillo, Damián merca unha nova televisión en cor, a pesar de que na casa Rosa levaba tempo pedindo mercar unha lavadora. Porén, Ramón está preocupado por outra cousa, pois perdeu a virxindade con Nuria, a moza do seu amigo Roberto, na cabana do grupo. Porén, a ledicia desaparece cando Carme desaparece da casa, e aparece morta logo de que batese coa cabeza contra unha balaustrada.

Sendo Damián pequeno, Carme explicáralle como coñecera a Anselmo, quen lle dera traballo logo de que un amo a violase de nena traballando en Montevideo. A pesar de que Anselmo estaba casado e de que Carme deixara mozo en Galiza, iniciaron unha relación de amor, mais ao cabo de dez anos ela decidiu regresar á súa terra.

Logo de quedar viúvo Anselmo regresou tamén a Galiza, e retomou o contacto con Carme. Cando ela comezou a ter demencia, intercambiaban papeis nos que ela lle prometía que xamais o ía esquecer.

Ramón quere estar con Nuria, mais ela asume que os pais dela prefiren que estea con Roberto, por ser de mellor familia. Porén, Ramón decátase de que lle gusta a Ana, a irmá de Roberto. Pola súa banda, Rosa comeza a traballar, abrindo as portas a unha maior independencia persoal.

Narración[editar | editar a fonte]

A autora coa novela.

A novela, dividida en 25 capítulos, está narrada en terceira persoa. Está ambientada na primavera de 1979, na periferia dunha cidade galega. Hai diversas analepses: a 1941 (cando Carme lle escribe a carta a Anselmo), e a cando Damián le a carta de Anselmo á nai e lle pide explicacións ao cura.

Edicións e recoñecementos[editar | editar a fonte]

A novela foi traducida ao castelán pola propia autora como Las horas robadas (Grijalbo, 2016) e ao polaco por Ewa Morycińska-Dzius como Skradzione godziny (Kobiece, 2017).[1] En decembro de 2016 publicouse a segunda edición en galego.

A obra acadou o Premio Frei Martín Sarmiento ao mellor libro para adultos en 2017[2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Perfil do libro en Bitraga". Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2018. Consultado o 15 de marzo de 2018. 
  2. "A novela «As horas roubadas», de María Solar, Premio Frei Martín Sarmiento" Arquivado 16 de outubro de 2019 en Wayback Machine., artigo no blog de Xerais, 12 de xuño de 2017.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Ficha na web da editorial.