Arthur Keith
Arthur Keith | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 5 de febreiro de 1866 |
Lugar de nacemento | Aberdeenshire |
Falecemento | 7 de xaneiro de 1955 |
Lugar de falecemento | Kent |
Nacionalidade | Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda |
Alma máter | University College de Londres e Universidade de Aberdeen |
Ocupación | antropólogo, profesor universitario e anatomista |
Premios | membro da Royal Society e Knight Bachelor |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Arthur Keith, nado en Aberdeen o 5 de febreiro de 1866 e finado en Downe o 7 de xaneiro de 1955, foi un anatomista e antropólogo escocés, coñecido polo seu estudos dos fósiles humanos.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou medicina na Universidade de Aberdeen, e logo de rematar a carreira en 1888 marchou a Siam, e trala súa volta á Gran Bretaña estudou anatomía. Interesado nos cranios dos primates, en 1897 publicou An Introduction to the Study of Anthropoid Apes, seguido por Human Embryology and Morphology (1902), Ancient Types of Man (1911) e The Antiquity of Man (1915).
Keith foi un dos propagadores do Home de Pitdown, un suposto cranio prehistórico descuberto en 1912, e hai fundadas sospeitas de que coñeceu ou participou do fraude realizado por Charles Dawson, aínda que non se demostrou.